Permitome utilizar como titulo do correo, parte dunha mensaxe enviada
por Leandro: "pero non sen guerra pola nosa parte".

Tomo ese titulo para comezar mostrando o meu asombro porque a estas
alturas se fale de algo que xa pasou, que xa foi antes do verán, non agora.

Ao longo do mes de xullo houbo unha serie de mensaxes nesta mesma rolda
por parte de medulio e mais eu chamando á mobilización, e dende a
ciberirmandade tomamos a iniciativa de dar batalla. Consecuencia dese
movemento houbo reaccións en chuza, meneame, A Nosa Terra, Codigo Cero,
CIG, Galicia Confidencial, Xornal.com, BNG, .. So me consta que Melisa e
Agnix reaccionaron publicando unha nova no seu web a este respecto, ao
tempo que na rolda dos Guls houbo debate sobre o envio dun correo
certificado á Xunta.

A falta de reacción no mundo da traducción desconcertounos a moitos, e á
volta do verán, abrimos un debate na ciberirmandade. A proposta aceptada
foi a de ofrecer recursos á comunidade para que o traballo que se viña
facendo no paraugas de mancomún, puidese seguir dende fora dos pezuños
da administración.

Quero deixar aquí, xa que logo, constancia da continuidade da
CiberIrmandade no traballo con vistas a un proxecto de futuro serio e
independente que manteña o concepto de Mancomún.

Independentemente de como vaian as cousas, quede claro que pola miña
parte non vai haber problemas, e por parte da ciberirmandade penso que
tampouco (manteremos o ofrecemento do uso das nosas ferramentas a quen
as queira utilizar).

Como remate, indicar que os debates na ciberirmandade, do mesmo xeito
que vimos facendo nos nosos 13 anos de presenza na Rede (o que nos fai a
organización vencellada á lingua máis antiga na mesma), seguen sendo
públicos; achego ligazóns a algúns debates sobre isto nos nosos foros:
http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=11&t=3505
http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=5&t=3451
http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=5&t=3450
http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=18&t=3449
http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_obxetivos&task=acadados&Itemid=15
 


-- 
---
      Saúde.
......................................................................
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
......................................................................



Responderlle a