Redacción A Nosa Terra. En resposta a unha pregunta da deputada do BNG, 
Ana Luísa Bouza, o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, confirmou 
o desmantelamento por parte do Goberno do Partido Popular de Mancomún e 
das demais iniciativas de apoio ao software libre que puxo en marcha o 
Goberno bipartito.

----------------------------------------------------------------------
O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, laiouse no Pleno de que os 
500.000 euros destinados a Mancomún ?organismo que aglutinaba as 
iniciativas de apoio da Xunta de Galiza ao software libre? ?supuñan un 
custo excesivo?, segundo o Partido Popular, para as arcas da 
administración galega. O responsábel de Presidencia non asumiu ningún 
compromiso concreto co sector e cos traballadores e traballadoras 
despedidos.

Ana Luísa Bouza salientou que o Goberno bipartito, fundamentalmente a 
través da Consellaría de Innovación e Industria, ?fixo unha aposta 
estratéxica polo desenvolvemento da sociedade da información e do 
software libre en Galiza?.

Neste sentido, salientou que ?o éxito é incontestábel: en apenas dous 
anos conseguiuse alfabetizar dixitalmente máis de 26.000 persoas, 
atraéronse novos talentos científicos evitando a fuxida de cerebros; 
conseguimos que o 10 por cento das empresas galegas utilicen software 
libre e que o seu uso se multiplicara por tres nas escolas e que Galiza 
sexa líder no Estado nalgunhas áreas tecnolóxicas?. ?Todo isto foi 
recoñecido pola propia ONU?, engadiu.

Fin das iniciativas

Con todo, a deputada do BNG denunciou que o pasado 14 de setembro o 
Goberno do PP despediu  sete persoas relacionadas con Mancomún. 
Ademais, alertou de que ?recentemente fixeron un aviso de despedimento a 
máis de 100 traballadores e traballadoras da Fundación para o Fomento da 
Calidade Industrial e do Desenvolvemento Tecnolóxico de Galiza? que 
viñan traballando en iniciativas de extensión da sociedade da información.

Ana Luisa Bouza subliñou que ?estes traballadores e traballadoras, aos 
que o Goberno do PP lles avisou do remate do seu contrato por obra e 
servizo o vindeiro 31 de decembro, son persoal técnico, non de carácter 
politíco, co que estamos ante despedimentos improcedentes?.

Neste sentido, a parlamentaria do BNG preguntouse ?como se van manter as 
políticas de apoio ao software libre con estes despedimentos? e advertiu 
se ?isto non constitúe unha escusa para realizar os contratos con 
Microsoft?.

Fonte:
http://www.anosaterra.org/nova/35810/rueda-confirma-o-desmantelamento-de-mancomun-.html


Unha aperta.
-- 
+---------------------------------------+
| José Antonio Cidre Bardelás           
| Vigo                          
| CiberIrmandade da Fala                
| http://www.ciberirmandade.org         
+---------------------------------------+
........................................................................
: Fai tamén unha visita a:                                      
: http://www.arquitecturagalega.net                     
: http://www.cidrebardelas.com (Sitio web profesional arquitecto)
: http://www.jrsoftware.org/files/istrans/ (O inno-setup en galego)     
: http://www.poptray.org (O PopTray en galego)  
:.......................................................................

Responderlle a