boas,

fai tempo que fixen a tradución deste pequeno complemento do nautilus:
nautilus-image-converter. o único que fai é engadir ao menú contextual
de nautilus un par de elementos cando se trata dunha imaxe:
"redimensionar imaxe" + "rotar imaxe". 

a tradución foi moi rápida, porque era un .po con pouquiñas cadeas. logo
púxeno a funcionar copiando o .mo
en /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/nautilus-image-converter.mo

tratei de poñerme en contacto, en máis dunha ocasión, cos
desenvolvedores por correo electrónico a través da páxina web [1] do
proxecto, e non obtiven resposta.

tampouco o mantedor do paquete de debian me contestou (ou si, pero
díxome que xa non o levaba el)...

engadín algunha cuestión no launchpad de ubuntu para o tema da tradución
(creo que tamén no de debian)... en fin, que tentei darlle por todos os
lados pero algo un pouco perdido. non teño claro con quen debo poñerme
en contacto para que a tradución pase a formar parte dos repositorios,
tanto de debian como de ubuntu. algunha suxestión?

ademais, durante este tempo de esperar contestacións de correo,
descubrín que a tradución non funciona ben, tampouco a de castelán, hai
unhas liñas que aparecen nunha ventá con barra de progreso mentres se
executa o redimensionado, ou ben a rotación, que, aínda que traducidas
no .mo, aparecen en inglés igualmente... unha chapucilla!, pero claro, o
desenvolvedor non me fai caso ningún. opinións?

un saúdo,
dani

pd: mandaría o .po á lista, mais non teño moi claro se está ben visto
iso de anexar ficheiros nos correos da lista, que me dicides? 

[1] http://www.bitron.ch/software/nautilus-image-converter.php


Responderlle a