> Antes de nada, onde vai o [terminoloxía]?
>
>>> Nunha corrección sobre update-manager estou aplicando o seguinte
>>> criterio que xa se discutiu  en comunidade
>>>
>>> Update > actualizar/ción
>>> Upgrade > anovar/ción
>
> Eu teño a impresión de que isto non se fixara de todo, pero "anovar"
> axéitase moi ben.

Entendo que se usa "anovación"?

>>> Restore > restaurar/ción
>>> Downgrade > *regresar/ción
>>>
>>> Son consciente de que esta última non é aínda estábel pero como non foi
>>> o caso de aplicala se cadra é o momento de resolvela xa.
>>
>> Que tal Voltar á versión anterior.... e degradar?
>> Non me convencen moito pero...
>
> A min sáeme "desactualizar" que é o que segundo openTran se usou en
> tódalas traducións. Tamén "volver a unha versión anterior", "baixar de
> nivel", quizais "recuar", "retrogradar". Pero a verdade é que
> "desactualizar" ben vale, non?
>
> Ata logo,
>                    Leandro Regueiro
>

Responderlle a