> De "forward"
>
> É evidente que neste caso temos que facer unha adaptación nocional
> importante.
>
> Nalgúns casos o valor de forward é o de <<avanzar>>
>     i.e. fast forward > avance rápido
>
> Noutros casos en que forward se refire a enderezos ou portos sería, no
> entanto, recomendábel o uso de "encamiñar" o menos, "reencamiñar",  en
> relación co "routing" e "router" (encamiñador)
>
>   i.e. Plugin to forward ports using UPnP > Extensión para encamiñar portos
> mediante UPnP
>
> E temos mesmo o caso de "forward slash" (barra slash ou barra de avance ?)
>
> Para o valor que nos ocupa, que é o uso fundamental ao que nos referimos,
> falamos da opción "forward" do menú "Mensaxe" así como ao botón
> correspondente en calquera aplicativo de correo. A tradución máis exacta
> sería "remitir". Na versión 2.0.0.22  de Thunderbird estamos a empregar
> "reenviar" mentres que nas compilacións diarias empregouse "encamiñar".
>
> Propoñemos estabilizar a equivalencia neste contexto e con este valor de
> FORWARD como REENVIAR, que tamén coincide coa mesma opción na localización
> de windows e a maioritaria en KDE.

Eu no tema do correo e incluso no das redes prefiro "reenviar" en vez
de "remitir" ou outras opcións.

> P.S. Por certo, estamos a empregar "remitir, remisión" como equivalentes do
> "commit".

Non sei. A ver se poñemos a andar un sistema de xestión de
terminoloxía xa, e así temos todo centralizado nun único sitio e as
consultas serán máis rápidas.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a