Leandro, case mellor revisa este que vai completo, antes non metín as
propostas das que saquei os roles que enviei antes xa que estaban moi
en bruto e compría adecentalas un pouquiño. Tratei de lembrar quen as
fixera recollendo un pouco tamén á xente que as fixo. Seguro que se me
olvidou alguén, pido desculpas por anticipado. Xa ides emendando vós.

Pra min foi unha gozada de encontro pola xente que coñecín, ou que
comecei a coñecer para ser máis rigorosos. Quedoume un sabor de boca ben
gorentoso. Cando queirades montamos outra.

Saúdos,

Leandro Regueiro escrebeu:
> Recibido. Heino revisar cando dispoña de tempo.
> 
> Ata logo,
>                Leandro Regueiro
> 
> 2008/5/11  <suso.baleato en xunta.es>:
> > Boas,
> >
> >  Eíovai. Consensos sobre identifación de axentes da comunidade g11n e
> >  sobre asignación de roles de cada un diles.
> >
> >  Saúde,
> >  --
> >  Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org
> >  Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia
> >  Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
> >  (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>
> >
> > _______________________________________________
> >  Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> >  Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> >  
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
> >
> >
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                Coordenador de mancomun.org        
Consellaría de Innovación e Industria                  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  <suso.baleato @ xunta.es>
------------ próxima parte ------------
Propostas
---------

- Modelo de localización: empregar o modelo proposto por Susana Sotelo Docio, 
centrado na implementación dos estándares LISA. Neste modelo a empresa que 
executa o traballo contratado (revisión e/ou tradución según o caso) coordénase 
coa comunidade de localización do proxecto a localizar para asegurar a 
integración da tradución no repositório canónico. Quen contrate deberá requerir 
nas clausulas técnicas da contratación a liberación do coñecemento/ retorno do 
investimento mediante a publicación de TMX, glosario e guía de estilo (ou o que 
proceda). Este modelo foi posto en practica para a tradución do GNOME 2.16, 
sería compatibel co sistema decisional de KDE e parece consistente coa 
aproximación de Juan Rafael Fernández de OFSET.

- En xeral opínase que Mancomún debe fornecer infraestructura e servizos 
(servidores, Pootle, listas, webs...) e que pode promover localizacións pero 
que debe facelo de forma consensuada co resto da comunidade, como un axente 
máis, e que non debe convertirse no único axente de localización: é unha 
iniciativa do goberno que podería perder o apoio, e hai que prever esa 
posibilidade. No tema lingüístico Mancomún debería actuar como facilitador para 
converxer nunha guía de estilo consensuada e como lugar común para facilitar o 
acceso aos distintos recursos lingüísticos. A tradución debería recaer 
preferentemente no voluntariado recurrindo a empresas que traduzan e/ou revisen 
cando as necesidades requiran prazos ou condicionantes que non se poidan 
resolver cos recursos do voluntariado.

- Leandro Regueiro propón que haxa un taboleiro de proxectos de tradución (quen 
e quen ou algo así no mundo da localización). Iso facilitará o intercambio da 
comunidade e evitaría conflictos como o da creación da lista de l10n para 
Debian (Suso).

- Terminoloxía: o voluntariado empregaría o modelo de 'consenso interno 
asesorado' proposto por Xusto do SNL da USC. No día a día resolveríase como até 
agora, e para o asesoramento participaríase involucrándose nos proxectos de 
terminoloxía (rolda USC-lexterm, sociedade galega de terminoloxía etc) 
ofrecendo o coñecemento informático e respeitando as dinámicas internas dos 
proxectos terminolóxicos (non trasladar a esas listas os nosos problemas 
internos). Mancomún xestionaría a reutilización tomando como referéncia os 
estándares LISA (TMX, TBX, SBX) e podería apoiar involucrando ao/á lingüista 
que prevé incorporar nos próximos meses.

- Marce pon de relevo a insuficiencia de recursos (glosarios, guía de estilo) e 
a necesidade dunha maior transparencia por parte da administración e Leandro 
propón que se liberen os recursos lingüísticos pagados con cartos de tod en s 
(tema Buscatermos, Ramón Piñeiro, RAG, e demais). Nisto proponse que Mancomún 
poida actuar intermediando entre o voluntariado e isas institucións, e facer 
pedagoxía, amosándolles as posibilidades para que liberen esas ferramentas.

- Irene fala de incorporar ao resto da sociedade, falar a súa linguaxe e 
concórdase na necesidade de visibilizar a comunidade. Nisto Dorfun da 
Dorfunteca propón aplicar mecánica das redes sociais á comunidade de tradución 
para mellorar a comunicación interna e para permeabilizarse e que poida 
participar xente nova

- Cris de Tagen Ata pon de relevo a importancia de determinado software menos 
popular pero de grande repercusión social en temas como xénero, ou minusvalías, 
que debería ser tamén asumibel por empresas aínda que non haxa comunidades de 
software libre coas que coordenarse. Este software equipárase ao software 
empresarial (ERP, CRM, BI, ECM, etc) ou software como CYCLOS ou KOHA. 

- Antón de Reverso propón un sistema de valoración da calidade de tradución 
mediante karma. Considérase máis apropriado como xeito para integrar novos 
membros na comunidade a través de interfaz web, combinado con formación e 
interacción coas personas que validaran esas traducións. 

- Considérase máis conveniente tirar cara Pootle e tumbar o entrans; Suso 
propón mirar de falar coa xente de Extremadura e/ou a xente de Debian que están 
co tema do Pootling.

- En xeral considérase importante organizar sesións de traballo, e seguir 
traballando a través da lista (e cambiarlle o nome dunha vez)

- Estabelecer os mecanismos necesários para garantir a redundancia do 
coñecemento compartido de cara a evitar a discontinuación do traballo de 
localización ante casos de involución política ou mesmo en caso de guerra 
nuclear ;-)


Roles:
-----

1. Voluntariado
        - Traducir, coordenar localización de proxectos de software libre
          (agás os chungos)
        - Autoorganizarse, visibilizarse
        - Para terminoloxía: empregar 'consenso interno asesorado',
          incorporándose aos recursos como lista USC-lex, servizo terminoloxia
        - Formación: transferencia

2. Empresas
        - Coordenar tradución de proxectos empresariais
        - Traducir e revisar encomendas
        - Coordenar as contratacións coa comunidade do proxecto
          correspondente
        - Facilitar a liberación dos recursos que se obteñen: memória de
          tradución (TMX), glosario (TBX), guía de estilo (ODF) do programa
        
3. Administración pública (mancomún)
        - Fornecer recursos e servizos (infraestructura hardware, pootle,
          roldas...)
        - Coordenar (traducir, revisar) proxectos chungos
        - Manter taboleiro de proxectos de tradución
        - Manter listaxe de recursos lingüísticos
        - Xestionar a libertación de recursos xenerados polas empresas 
        - Intermediar a liberación  de recursos lingüísticos públicos
         (Buscatermos, Piñeiro, RAG, Guinovart, etc)
        - Formación: xestión
        - Facilitador da comunidade
        - Supervisión da calidade da tradución (técnica, e lingüística)
        - facilitar a unificación de guías de estilo (rexistro, ortográfico,
          gramatical)

Responderlle a