Olas,

> <http://por.proz.com/kudoz/english_to_portuguese/slang/887738-gooks.html>
> >>
> >> Por outro lado, eu creo que sería tamén moi interesante que o glosario
> de
> >> Mancomun.org non sexa unha lista fechada. Non só que se actualice cada
> certo
> >> tempo, senón que ademais os usuarios poidan enviar novos termos (en
> inglés,
> >> cunha proposta de tradución ao galego ou pedindo axuda para traducilo)
> para
> >> consideración e posterior inclusión no glosario. Tamén neste caso, penso
> que
> >> non é mala idea que cada termo teña unha marca que indique o seu estado:
> >> recén enviado (aínda sen equivalente en galego), equivalentes propostos
> >> (discusión en curso), equivalente(s) validado(s), etc., ademais de que
> os
> >> usuarios poidan aderir a un termo galego (validado ou non) ou mostrar a
> súa
> >> disconformidade con el, como dicía máis arriba.
>
>
O outro día cando vos falaba do Proz (falando do tema de base de datos de
termos, sistema de consulta, proposta, votación, etc.), esqueceume darvos
este outro enderezo: http://glg.proz.com/ask. Para que vexades como funciona
estaría ben rexistrarse e probar a deixar algunha consulta sobre como
traducir un termo do inglés, para ver como é o proceso e as posibilidades do
sistema. Non sei se vos parecerá interesante, ou vos vai atrapallar...

Se o que queredes é moitar unha ferramenta que xa exista para isto e que non
teñades que modificar moito, pois nada. Se se trata de construír algo propio
ou de usar unha ferramenta moi adaptábel, pode ser interesante coñecer o
Proz. En calquera caso, está ben coñecelo, sempre se pode usar en momentos
de necesidade, é unha ferramenta máis (que utilizan bastante os tradutores).

Saúdos, Manuel
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080515/36277829/attachment.htm
 

Responderlle a