Ola.

Tes moita razón con iso. Son un desastre, non acabo de pór todo a
rular ben dunha vez. O outro día estiven mirando o de crear o blogue
en Trasno, pero non me lancei a facer probas.

A ver se me organizo e penso como facelo e comezo a redactar. Polo de
agora estou co de sacar estatísticas para calcular o esforzo que leva
traducir mozilla. A ver se en breve podo ter as estatísticas e a
comparativa das dúas últimas versións. Todo é pórse, pero o non
dedicarlle horas seguidas non se avanza.

Son moitas cousas as que hai que atender.

Saúdos a todos.

2012/4/24 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> Non pasa nada, Keko. Dáme pena que as novas sobre Firefox non pasen
> por aquí cando ti es o que está facendo o traballo.
> Se podes, a ver se redactas unha nova sobre Firefox que poidamos
> publicar, polo menos para que se saiba quen o traduce, que os de
> Código Cero non o din e hai que sacarlle lustre ao teu esforzo, home.
> Seguir o ritmo de versións é imposible, creo, pero redactar algo sobre
> o proxecto galego de Firefox estaría ben. A última noticia que temos é
> do Firefox 4.
> E está tamén prevista unha páxina ou algo así.
> http://www.trasno.net/content/firefox-e-outros-produtos-da-fundaci%C3%B3n-mozilla
>
> Se te ves moi liado, redacta algo e alguén o publicará.
>
>
>
> El día 24 de abril de 2012 13:47, Enrique Estévez Fernández
> <keko...@gmail.com> escribió:
>> Ola Antón.
>>
>> Que pasou coa nova. Non entendo o de como non se nos avisa.
>>
>> Con respecto ao que contan do ritmo frenético, cada seis semanas sae
>> unha nova versión, pero xa se pode traballar coa beta, que sería o
>> firefox 13 e con aurora, que sería o firefox 14, sen moito problema, a
>> estabilidade é case perfecta. E máis, eu estou traballando con firefox
>> nightly, que sería o 15, sempre coa última todos os días, polo de
>> probar as traducións que vou facendo.
>>
>> Cuestión de gustos.
>>
>> Saúdos.
>>
>> 2012/4/24 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>>> http://codigocero.com/Disponible-para-a-sua-descarga-o,18749
>>>
>>> Aaaai, señor
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a