> Acabo de copiar os ficheiros do hunspell para directorio
> /usr/share/myspell/dicts .É preciso para que tire o analizador morfolóxico
> (particularmente, mudeille o nome aos preexistentes en mínimos).
> Sen modificar máis nada (do enchant...) xa funcionaba non só o gedit, senón
> tamén poedit (catálogo, opcións, lingua galician)...
> Todo indica que viría de perlas unha distribución do myspell cos ficheiros
> do hunspell

Non sei se estou trabucado, pero penso que o hunspell e mailo myspell
poñen os ficheiros no mesmo sitio, así que non vexo razón para ter un
paquete para o myspell. Por outra banda tanto o Poedit coma o Gedit
usan enchant, que á súa vez usa tódolos correctores que haxa
instalados, así que se temos o hunspell, que en teoría é o máis
avanzado, pois tampouco hai necesidade de manter nada para o myspell.

Ata logo,
                       Leandro Regueiro

Responderlle a