> 1.- Queremos centralizar todo o proceso de galeguzación ou tradución de 
> software + contidos libre ao galego?

Ninguén falou de centralizar ningún proceso senón de crear algo que
poña en comunicación aos voluntarios, que lles dea apoia, axuda,
indicacións, todo o que lles faga falta para que traduzan tal como se
fixo ata agora (mellorando o mellorable, claro).


> 2.- Porque non traballar cos repositorios ou sistemas do proxecto e coas súas 
> roldas.

E seguiremos a traballar cos respositorios e lendo participando nas
roldas de tradución cando sexa necesario.

O de ter roldas por idioma dentro dun proxecto pois non o vexo
necesario en moitos casos, a cousa ten que implicar realmente a moita
xente para ter que chegar a ese extremo. Penso que mentres o mellor é
ter unha rolda para pór en contacto a todos os tradutores de todos os
proxectos (ao estilo Trasno).

E sen centralizar algo a cousa é para que a xente non se esparexa, que
se coordine, que se comunique, e para que todos fagamos avanzar todo
isto.

> 3. Se se monta algo, fundación, asociación, o que sexa, tería que ser 
> apolítico, xa que cada un ten a súa forma de pensar e aquí o que importa é o 
> software libre e neste caso principalmente a tradución ao galego do software 
> libre + os contidos.

Concordo. Os estatutos da asociación de Trasno deseñáronse ca idea de
que a asociación faría todo o posible por axudar aos tradutores, sexan
quen sexan. Tal como se redactou o funcionamento real dos proxectos
será como ata agora (leiras) só que a asociación poderá algúns
recursos e beneficios adicionais aos tradutores.


> 4. Trasno, Ciberirmandades, grupos de gnome kde ubuntu, ...

Porque senón terminaremos descoñecendo aos outros, e deste xeito
facilítase a colaboración, a non duplicación de esforzos, o
intercambio de voluntarios, facilítase o atopar a túa propia leira,...

Como falamos esta semana de consenso, cando levamos discutindo o da
asociación de Trasno dende hai case 10 ou 11 meses de xeito aberto.

Ata logo,
                          Leandro Regueiro

Responderlle a