Concordo tamén na maior parte. Supoño que entre todos teremos que ir dándolle
resposta a todas esas dúbidas. 

Esa é a vantaxe de traballar colectivamente.

Agora sí, desconecto.

Enrique Estevez escrebeu:
> Boas a tod en s.
> 
> Non sei como dicir esto é que nadie o tome mal ou non levantar ampollas. Vou 
> ir por puntos:
> 
> 1.- Queremos centralizar todo o proceso de galeguzación ou tradución de 
> software + contidos libre ao galego?
> A xente realmente quere esto. Hai unha persoa ou varias que se van a adicar a 
> coordinar todo o traballo do voluntariado. Pero falamos de estar ahí, todos 
> os días, ao pé do cañón. Hoxe non podo que teño outras cousas, ou non me 
> apetece, ..., aqui fai falta constancia. Alguén que se mova, que faga de 
> interlocutor cos diferentes proxectos (gnome, kde, firefox, openoffice), que 
> fale cos tradutores, que os coordene, que atenda as súas peticións, ... 
> alguen ao que lle habría que pagar por realizar esa función. Alguen que estea 
> a tanto de cando sae unha nova versión, que organice un grupo para traducila, 
> outro para testela e que consiga que vai integrada na versión oficial o día 
> do lanzamento.
> 
> 2.- Porque non traballar cos repositorios ou sistemas do proxecto e coas súas 
> roldas.
> Non entendo moito disto, pero Ubuntu ten plataforma, openoffice tamén ou 
> agora teñena a través do cti e non so para openoffice, senón para 
> Opensolaris, Netbeans, ... firefox creo que tamén ten algo polo menos para os 
> complementos, ... e o resto terá algo, digo eu.
> No caso de gnome seguro que che crean rolda para o teu idioma, igual que en 
> openoffice e produtos sun.
> Ten sentido gastar cuartos e centralizar todo cando se pode tirar da súa 
> infraestructura?
> Por indepedndencia sip, pero non sei se seremos capaces.
> 
> 3. Se se monta algo, fundación, asociación, o que sexa, tería que ser 
> apolítico, xa que cada un ten a súa forma de pensar e aquí o que importa é o 
> software libre e neste caso principalmente a tradución ao galego do software 
> libre + os contidos.
> Como vedes eu soio falo de software libre, non meto software privativo pero 
> ao mellor hai xente que quere metelo. Seguro que tamén é unha fonte de debate 
> este tema e no que non creo que atopemos consenso.
> Temos tempo para montar unha nova organización, coordinarnos e chegar a 
> consenso e olvidarnos das nosas leiras particulares e traballar todos a unha. 
> Creo que non e ao mellor é bo que existan todas esas leiras e que cada un 
> traduza e se encargue do seu pequeno ego e dos seus proxectos. Esto é algo 
> que facemos por voluntariado, por ilusión, porque queremos e seguro que non 
> queremos que nadie me diga o que teño que facer, cando ou como, e anque 
> soamente sexan suxerencias. Todos van crer que se meten no seu terreo.
> 
> 4. Trasno, Ciberirmandades, grupos de gnome kde ubuntu, ...
> Porque aglutinar todo nun sitio ou baixo o paraugas de unha asociación. 
> Haberá xente que o vexa ben, haberá xente que non e haberá xente que vaia por 
> libre. Creo que non se poden mesturar cousas. No caso de Trasno, pois unha 
> redacción de estatutos nos que non tes moita marxe de modificación non vai 
> aportar nada. Poderíase montar o tema en trasno ou en ciberirmandades ou 
> dentro dun ggul, sempre e cando se redactara un documento de réxime interno 
> que rixa todo o que non ven nos estatutos (que a verdade, non din nada, nin 
> se pedir subencións ou non, nin o que queirades, simplemente comentan catro 
> cousas básicas de funcións e responsabilidades e de como facer a burocracia, 
> pero de réxime interno non din nada). Pero quen redacta iso, quen o aproba, 
> cando nos reunimos, cando ... pensado que non hai tempo, xa bo é que quitamos 
> tempo para traducir, uns máis ca outros pero todos lle adicamos tempo libre 
> ao que nos gusta.
> 
> E xa para rematar, o tema de montar unha infraestructura pero non de roldas, 
> senón na que se poida un baixar tbx, tmx e ata traducións dos proxectos está 
> moi ben e ata un lugar no que alguen ou varias persoas poidan revisar as 
> traducións tamén, pero estar todos ahí e todos os proxectos porque si, sen un 
> fin, sen un consenso, sen realmente intentar abarcar a todos, pois non sei 
> eu. Eu vou a seguir traducindo e como fixen ata agora, intentarei ser o máis 
> preciso, respetar os acordos aos que se cheguen en terminoloxía e a buscar a 
> máxima calidade nas traducións, cando non sepa preguntarei e cando teña algo 
> feito, pois enviareillo ao desenvolvedor do proxecto ou ao grupo que se 
> encargue de coordinar ese proxecto, sen máis, sen esperar nada a cambio, so 
> que os aplicativos vaian en galego.
> 
> Creo que como sempre comezamos a casa polo tellado e non vamos a chegar a 
> consenso e espero que polo menos non se enfade nadie e non perdamos 
> tradutores, que non sodes moitos. Eu aínda non me considero un tradutor, son 
> un ocasional que a veces fai algo, pero sen moita constancia.
> 
> Unha aperta.
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a