Frco. Javier Rial escribiu:
> Ola:
> 
> Persoalmente, como tradutor voluntario que son, preocúpame moito a falta
> de información que estamos tendo sobre o estado dos produtos de Mozilla.
> 
> -Primeiro de todo, non hai directrices de como continuar co traballo,
> unha vez este traballo xa está fora de Mancomún.
> -Non temos prioridades sobre que traducir, nin como repartir o traballo,
> nin que cuestións de coherencia habería que revisar.
> -Algún produto xa ten rematada a tradución pero polo de agora non se
> fixo o OPT-IN para a versión final.
>    
> http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_thread/thread/13b7b1730206d8ef/7482a38731496bab?lnk=raot#7482a38731496bab
> -Noutros produtos están aumentando a cantidade de cadeas que hai que
> traducir e non sabemos como comezar o traballo, si repartírnolo ou que.
>     http://l10n.mozilla.org/dashboard/?locale=gl
> -Hai varios bugs abertos sobre o noso idioma en Mozilla os cales non
> teñen resposta:
>     http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl
>     https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=521992
> 
> Falando con meixome, coméntame que el tamén se pode facer cargo do
> ficheiro main.lang ao que lle faltan esas 7 cadeas por incluír.
> 
> -Non se tomou unha decisión sobre si traducimos a extensión Weave de
> Mozilla que nun futuro irá integrada no Firefox: o meu voto persoal é
> que si.
> 
> Outra cuestión menos importante, é que considero que habería que
> actualizar un pouquiño a páxina principal disto:
> http://galician.mozdev.org <http://galician.mozdev.org/>
> 
> Podo ofrecerme, para facer estes cambios na páxina web, se estades de
> acordo.
> 
> Suso, podes darnos un pouco de luz sobre estes aspectos?
> 
> Javi Rial.
> 
> 
> ------------------------------------------------------------------------
> 
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

O máis importante é que se resolvan eses bugs canto antes xa que senón
non teremos seguinte versión de firefox en galego

-- 
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com         -     listas en mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


Responderlle a