Benvido Anxo,

Podes escoller, desde logo, hai moitos proxectos e aplicativos en 
marcha. Comentas que usas Ubuntu e xustamente onte acaba de pecharse a 
tradución para versión 9.10. Ben, non de todo, pódese seguir traballando.

Se cadra era ben que escolleses algún proxecto dos grandes, aproveitando 
que estamos a tentar reforzar/reorganizar os grupos de tradución neles.

Se queres algo de "formación" previa, recoméndoche que lle botes un ollo 
á Guía de localización e ao Glosario de traducións, que son ferramentas 
de uso diario

http://www.mancomun.org/comunidade/traducion/manualdelocalizacion/
https://forxa.mancomun.org/frs/?group_id=207

Especialmente importante é o proceso de reutilización de memorias de 
tradución a través dun aplicativo especializado (Poedit, Lokalize, 
Virtaal, etc). Axudan a ir moito máis rápido e a "coller o estilo".

Como recursos básicos recoméndoche

http://corpus.mancomun.org
http://www.open-tran.eu
http://wiki.mancomun.org (pendente de actualización)

Trasno, asociación de tradutores de software libre, ten tamén glosarios 
e información interesante aínda que non moi ordenada no seu web 
www.trasno.net e non teñas ningún problema en preguntar, calquera cousa. 
Para iso estamos.





Anxo Outeiral Vidal escribiu:
> Ola moi boas. Desexo presentarme, chámome Anxo e teño 22 anos e estou 
> metido no mundo do software libre dende fai cousa de 2 anos. As 
> distribucións que uso son Ubuntu máis Kubuntu, aparte de todo iso son 
> técnico en administración de sistema informáticos e teño nivel de 
> coñecementos de C,C++ e Java, por tanto agardo que me dea un plus de 
> coñementos cara a tradución.
>
> Levaba xa apuntado dende facía cousa de meses nas listas de Mancomun, 
> pero por motivos persoais non tiña tempo para dedicarme a traducir, e 
> agora non e que teña moito tempo tampouco, pero algo teño máis penso 
> que poido colaborar e axudar para ver cantas máis aplicación ao noso 
> idioma mellor.
> Logo, preciso dunha especie de "/mestre/" ou "/guía/" que me poida 
> axudar a dar os primeiros pasos no mundo da tradución: por onde 
> comezar,  que debo facer, etc....
>
> Pois nada máis; agardo algunha resposta. Ata enttón un saúdo!
> ------------------------------------------------------------------------
>
> _______________________________________________
> Openoffice mailing list
> Openoffice en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/openoffice
>   


-- 
Antón Gómez Méixome  .:lingüista:.  www.mancomun.org 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre 
Avda. de Vigo, s/n 15706   Santiago de Compostela  
Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org>

Responderlle a