Ola,

non, penso que non vemos as cousas exactamente igual. 

Tes que desculpar pero non me vou rexistrar na rolda de g11n.net. Sigo 
opinando que unha persoa soa non dá xestionado os tres proxectos e reitero o 
que dixen de que deberías considerar abrir a coordinación a outras persoas.

E en canto ó resto do que preguntei, que vai dirixidas a ti persoalmente, non 
me respondiches. Quero que me respondas.

O Venres 23 Outubro 2009 20:38:48 Suso Baleato escribiu:
> Boas Miguel,
> 
> Graciñas pola túa mensaxe. As cuestións que teñas referidas a g11n.net
>  debes dirixilas á súa rolda comunitaria eu non son voceiro nin nada polo
>  estilo; confírmoche que xa non dirixo Mancomún (rescindiron o meu
>  contrato) e que a labor de coordenación dos proxectos de localización é
>  algo que fago voluntariamente. En canto á rolda a última vez que mirei
>  había algo máis de trinta personas, que é unha masa crítica máis que
>  suficiente, non sei moi ben qué importancia pode ter ese número.
> 
> Polo momento dou feito co traballo de coordenación, e realmente non hai
>  tanto que fazer; mais como xa dixen no inicio deste mesmo fío, a porta
>  está aberta para quen queira entrar: de feito gustaríame que houbera máis
>  xente disposta a asumir tarefas de coordenación mais polo momento ninguén
>  se ofreceu voluntario; espero, polo que dis, que sí haxa quen esté
>  disposto a asumir esas tarefas no seu momento.
> 
> Polo demais vexo que vemos as cousas igual, así que reitéroche o
> agradecemento pola mensaxe e convídote -en igualdade de condicións que
>  todos os demais- a participar nas roldas oficiais dos correspondentes
>  proxectos.
> 
> Saúdos,
> 
> Miguel Branco escrebeu:
> > Olá Suso,
> >
> > Como presidente en funcións da  Asociación Proxecto Trasno, pídenme e
> > entendo necesario pedir aclaracións sobre de varias cuestións.  A priori,
> > que conste que atinan nas respostas Fran e Leandro: a miña opinión vai no
> > mesmo sentido.
> >
> > Primeiro, preocúpanos o futuro estado das tradicións dos proxectos que
> > coordinas (GNOME, OOo e Mozilla). Consideramos que son obxectivos de l10n
> > prioritarios. Todos eles son dunha envergadura magna e pensamos que fai
> > falta un número substancial de persoas para mantelas completas e con
> > traducións de calidade. De feito, seguimos sen coñecer exactamente cantas
> > persoas asistiron a ese teórico g11n3 e polo tanto o número de persoas
> > que traballa xa nas listas de g11n.net. Porén, en trasno xa contamos cun
> > número significativo de xente adicada dende hai tempo á localización e
> > xente que traballou e traballa nestes mesmos proxectos, ademais de algún
> > voluntario máis que de cando en cando se suma ó proxecto. Neste momento
> > creo que é necesario que recorde de que no seu momento dirixiches un
> > proxecto gobernamental para mante-las traducións etc, pero agora non, es
> > un voluntario máis (e do cal me alegro). Daquela insistías en que se
> > deberían devolve-los proxectos á comunidade e que a comunidade debería
> > estar preparada para acolle-los proxectos e poder mantelos. Naquel
> > momento démosche a razón, e neste momento sigo pensando o mesmo. Pero é
> > máis, estendo este razoamento e aplícollo a calquera voluntario. Se non é
> > posible que un dea mantido un proxecto debería ceder abandonar o proxecto
> > en favor que quen o poida manter. Por iso é vital que nos informes da
> > capacidade real túa, ou da denominada plataforma g11n, para poder soster
> > estes proxectos. Unha persoa non abonda. Porque, entenderás que non é
> > sensato que alguén siga a ser coordinador dun proxecto cando a súa
> > participación nel se limite a funcións unicamente administrativas.
> >
> > Segundo, entendemos que non só é positivo senón de obrigación traballar
> > nas listas e servizos que cada proxecto i18n-ado estableza para a
> > localización propia. Neste sentido agradecería que cumpriras co da
> > apertura da rolda para GNOME no proxecto. Eu persoalmente considero unha
> > desviación do proceso de localización centralizar cada proxecto recurso
> > fóra do upstream. Outra cousa diferente son canles de comunicación
> > propias para que os voluntarios se comuniquen sobre doutros temas non
> > pertinentes á localización concreta dun proxecto, como é a lista de
> > trasno dende hai xa 10 anos, p.ex.
> >
> > Terceiro, consideramos importante mante-las traducións en tódalas
> > versións e igualmente, consideramos importante seguir mantendo os
> > consensos relativos a terminoloxía e incluídos nas guías de estilo,
> > especialmente a de mancomún. Por iso debo de preguntar cales son as túas
> > posturas nisto e que se vaia aplicar en GNOME, Mozilla e OOo?, e a que se
> > deben preguntas como esta?
> >
> > > Message: 1
> > > Date: Wed, 21 Oct 2009 11:26:27 +0200
> > > From: Suso Baleato <suso.baleato en gmail.com>
> > > To: Traducion ao galego de Mozilla <galician en mozdev.org>
> > > Subject: Re: [Galician] IMPORTANTE: pendente en Mozilla e
> > >         OpenOffice.org
> > > Message-ID: <20091021092627.GA8680 en localhost>
> > > Content-Type: text/plain; charset=utf-8
> > >
> > > Javi, cando poidas indícame o último changeset do tb30x; faime chegar
> > > tamén a memoria de tradución asociada para probar o proceso de
> > > validación previo ao opt-in.
> >
> >  apréciese o de  "proceso de validación"
> >
> > e finalmente, observamos por parte túa un ton autoritario e un abuso de
> > posición nos proxectos que asumiches sendo un cargo na Xunta de Galicia.
> > Dende logo non invita á se involucrar nos proxectos que xestionas,  nin a
> > avanzar na coordinación de tódolos voluntarios da l10n ó galego.
> >
> > > A porta queda aberta dende
> > >  este mesmo momento, e a meritocracia será a chave que poida abrila,
> > > como en calquera outro proxecto de código aberto. Neste sentido, as
> > > queixas e lamentos irán directamente a /dev/null a igual que as
> > > acusacións, difamacións e demais lixo da que teño constancia de estar
> > > sendo obxecto.
> >
> > Se te refires explicitamente ás "difamacións" que dis que recibes, os
> > aludidos poderán defenderse. Senón este tipo de comentarios son
> > gratuítos, groseiros e nada positivos para a labor que realizamos... que
> > é poñe-los cóbados traducindo e non darlle á leria.
> >
> > Atentamente,
> >
> > Miguel Branco
> >
> >
> > --
> > To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscribe en trasno.net.
> 

Responderlle a