> Acabamos de reverter [1] os cambios que foran introducidos no repositorio
> de Mozilla, xa que introducían inconsistencias nas memorias de tradución,
> tal como foi denunciado nesta rolda.
>
> Efectivamente trátase dun bug no proceso de supervisión lingüística de
> Mancomún que localizamos no CESGA. Estou agora avaliando o impacto do bug
> para definir as medidas pertinentes, o que farei consultándovos para
> asegurar un proceso aberto e participativo.
>
> Lembro que os consensos do g11n [1] limitan o papel de Mancomún a xestionar
> a reutilización e supervisar a calidade técnica e lingüística das traducións,
> alén de aportar infraestructuras e recursos como hardware, roldas e demais.
> Neste sentido é importante recalcar que a fixación terminolóxica é potestade
> exclusiva da comunidade, non de Mancomún: consecuentemente (en maiúsculas):
>
> MANCOMÚN APLICARÁ CALQUERA CAMBIO QUE OBTEÑA O CONSENSO DESTA ROLDA

Primeiro, quizais deberiamos pensar algo mais no que se propuxo no
segundo g11n: montar un sistema de xestión de terminoloxía.

Isto provocaria o cambio de que é a comunidade a que decide, e pasaria
a ser algo do estilo de todos temos opinión, incluidos os das empresas
e maila xente de mancomun (que participarian como individuos).
Evidentemente canta mais información se poida aportar á discusión,
máis probable é que se consideren tódolos aspectos relevantes, e que o
consenso ao que se chegue (se é que se chega ao tal) sexa máis
estable, aceptado e duradeiro.

> Finalmente, unha opinión personal: eu penso que hai cousas máis urxentes que
> poñerse a discutir terminoloxía, sobre todo sabendo que a continuidade de
> Mancomún está en perigo. Na miña opinión deberíamos centrar os esforzos nos
> próximos días en salvagardar o que se poida do que hai feito en previsión de
> que se cumpran os peores augurios. De todas maneiras é unha opinión personal;
> se preferides centrarvos na lingüística, eu tampouco vou poñer impedimentos.
>
> Resumindo: ningunha opción é sagrada, nin hai nada inmutabel: é a comunidade
> quen debe decidir, quen debe estabelecer as prioridades e quen debe asegurar
> que se cumpran as decisións tomadas colectivamente.

Aínda que se mire dende o punto de vista de "agardemos que non sabemos
que é o que vai pasar con Mancomun", a necesidade dese sistema é
innegable, ou alomenos iso penso eu, sinceramente. Se dende Mancomun
vos empeñades en atervos ao acordado no primeiro g11n, que a
terminoloxía é cousa da comunidade, entón o debate en ningún xeito
implica a Mancomun, xa que nese caso Mancomún seguiria sen ter nin voz
nin voto no tema da terminoloxía.

Sexa o sistema para todos ou só para a comunidade, este debe crearse,
e a poder ser, que todos poidan participar nel, xa que todo punto de
vista ou anaco de información relevante é importante de cara á
fixación terminolóxica.

Todo isto segundo a miña humilde e persoal opinión.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Reply via email to