En Mancomún:
http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/disponibeis-
para-descarga-as-versions-en-galego-de-thunderbird-3-beta3-e-seamonkey-2-
beta1/ 
Xa están dispoñíbeis para descarga as novas versións beta de Thunderbird 3 e 
Seamonkey 2, en concreto a terceira beta do cliente de correo Thunderbird e a 
primeira da suite de aplicativos de internet, Seamonkey. 
Podedes atopar as descargas en galego nas páxinas oficiais de descarga nas 
seguintes ligazóns:
 
Thunderbird 3 Beta 3 en galego para GNU/Linux, Windows e Mac OS X.
Seamonkey 2 Beta 1 en galego para GNU/Linux, Windows e Mac OS X.
Animámosvos a que probedes estas versións (lembrade de facer unha copia de 
seguranza dos vosos perfís antes de probar estas versións preliminares) e nos 
notifiquedes os erros que atopedes na tradución de cara a que os poidamos 
corrixir para as versións finais. Para a notificación de erros detectados, 
podedes usar o noso formulario de contacto.
 
Algúns dos cambios máis destacábeis no Thunderbird 3 son:
A visualización dos correos-e en separadores
Nova característica de resumo das mensaxes permite ver unha síntese de todos 
os correos-e seleccionados
Carpetas intelixentes
Mellor integración con Gmail
Melloras para desenvolvedores
Os erros solucionados son máis de 500.
Con respecto ao Seamonkey 2 os cambios máis importantes son: 
Inclusión do mesmo motor web que ten Firefox 3.5.1, incluíndo todos os 
arranxos de seguranza, rendemento, etc... que fan que a experiencia web ao 
navegar sexa idéntida que con Firefox 3.5 (incluíndo compatibilidade para 
son/vídeo, fontes descargábeis e máis...)
Rescritura completa do xestor de descargas que permite a pausa/reinicio das 
descargas entre sesións.
As barras de ferramentas no programa de correo electrónico e no lector de 
novas son personalizábeis.
Vista previa de fontes desde o navegador que permite unha mellor 
xestión/suscripción ás mesmas.
Compatibilidade para o arquivado do correo-e.
Para máis información sobre o Seamonkey vexa a lista completa de cambios na 
seguinte ligazón:
http://www.seamonkey-project.org/releases/seamonkey2.0b1/

-- 
Frco. Javier Rial Rodríguez                                                     
  
Técnico
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre  www.mancomun.org
Avda. de Vigo, s/n Campus 15705    Santiago de Compostela (Galiza/ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 569 810/ 981 594 616        <fjrial en mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090723/4b8b1961/attachment.htm
 

Responderlle a