2009/7/29 Suso Baleato <suso.baleato en xunta.es>:
> Boas,
>
> Escrebo para informar que no día de onte debín atendender requerimentos da
> prensa para obter información sobre a reunión convocada pola SXMIT e que
> disparou algunhas alarmas debido a que entre os convocados non figuraba
> Mancomún.
>
> Co obxecto de desactivar o alarmismo, tratei de transmitir unha mensaxe de
> normalidade aclarándolle aos xornalistas que tan só á Fundación Calidade
> corresponde a representación de Mancomún -por ser este Centro formalmente
> unidade administrativa súa- entrando dentro da normalidade que Mancomún non
> fora convocado debido a que o propósito da referida reunión é realizar o
> seguemento das actuacións no marco dos convenios en vigor, motivo polo que
> únicamente acudirían as institucións que se atoparan nese caso (AGASOL,
> CESGA e Universidades) e que lóxicamente, actúan en representación propria
> -e non de Mancomún.
>
> Descoñezo a orixe da confusión -se ben douseme a entender que lles fora
> filtrada a convocatoria- mais confío en que esta intervención baste para
> deixar clarexado o asunto.
>
> Agardo que a reunión sexa fructífera e que pronto sexan convocadas tamén
> tanto as asociacións de Linux como especialmente o voluntariado adicado á
> tradución do software libre ao galego.

Supoño que te refires a isto
http://www.galiciaconfidencial.com/?p=3563 Aí di que convocaron a
representantes das OSL, non agardo nada da OSL da UDC e da OSL da
UVIGO non sei que agardar, pero espero que dende a OSLUSC defendan o
tema da tradución.

Ata logo,
                       Leandro Regueiro

Responderlle a