Boas,

Unha nova edición do Xuventude Galiza.net está en marcha. Este evento, que
é un dos máis antigos de Europa e o mais concurrido dos que se celebran en
Galiza terá lugar os días 3, 4 e 5 de abril próximo nunha nova ubicación:
o Multiusos Fontes do Sar en Santiago de Compostela, para dar cabida a un
aforo maior.

Neste que será o seu 10º aniversario, o software libre estará de novo
presente, grazas ao convite que a Dirección Xeral de Xuventude e
Solidariedade da Vicepresidencia da Xunta de Galiza extende á comunidade 
galega do software libre para coordenar as súas iniciativas a través do 
Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza (Mancomún)
promovido pola Consellaría de Innovación e Industria a través da súa 
Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

Dende Mancomún non queremos desaproveitar nin un minuto pra facervos
extensiva esta convocatoria, que como na edición anterior coordenaremos de
forma colaborativa empregando un wiki para ir reflexando a información máis
actualizada. Este wiki xa está en funcionamento, polo que vos convidamos a
visitalo para poñervos ao día das novidades máis recentes:

http://wiki.mancomun.org/index.php/Xgn_2009

En boa parte a razón pola que o software libre está presente neste evento
débese á laboura desinteresada e voluntaria de moitas personas e asociacións
que en anteriores edicións foron aportando o seu grao de area para chegar ao
actual estado de cousas. A todos e todas eles o noso agradecemento e o noso
recoñecemento.

Recibide un saúdo e os nosos mellores desexos para este ano 2009.

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>

Reply via email to