> *indentar (*identar) . É un anglicismo (indent). Non é válido  sacando a
>  posibilidade de empregalo para a  organización do código fonte. Desde logo
> no sentido en que se pode aplicar a un parágrafo de texto temos desde sempre
> a palabra "sangrar" (http://www.usc.es/snl/term/Vocabularios/editora.htm)
>
> endentar. Como di Marce, endentar é engranar un piñón ou morder cos dentes.
> Nada que ver.

A ver, como di no glosario de Trasno (desactualizado pero non
totalmente errado) é algo non aceptado (sexa anglicismo, barbarismo ou
que sexa) e que en galego debe usarse "sangrar", e para indentation é
"sangría".


> *implementar. Outro anglicismo de dubidosa utilidade xeral. Temos:
> implantar, establecer, aplicar, instaurar...   En portugués admítese como
> neoloxismo, no sentido de "realizar", aínda recoñecendo que é un anglicismo
> innecesario.
>
> ?implemento. É cousa distinta, porque é un latinismo, do mesmo tipo que
> "impedimento". Utilízase como termo técnico por exemplo en lingüística (para
> distinguir complemento/implemento/suplemento... algo parecido á diferenza
> teórica entre add-on e plug-in) e ten aliás un uso extremadamente culto no
> sentido de 'ferramenta', 'utensilio'. Entra dentro do posíbel que o VOLG o
> incorpore no futuro con máis valores.

O uso disto está realmente estendido no mundo da informática.
Considero que non incorporalo como neoloxismo deixará ó galego fóra
deste mundo. Por outra banda chegamos a usalo tanto nas tradución que
penso que ha levar bastante traballo cambialo.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a