A tradución do Google ao galego, ata onde eu sei, faise en liña (chega con
ter conta en gmail e rexistrarse como tradutor de galego). Eu andei hai un
par de semanas traducindo cadeas novas que aínda non estaban en galego e
editando (corrección ortográfica e estitilística) algunha das cadeas xa
traducidas e avanzando un pouquiño na tradución de google groups. Pero un
pouco rollo: non hai xeito de ver como queda a interface ata que, días máis
tarde, Google as actualiza (por certo, seguro que na revisión metín serios
gazapos, pero nin está finalizada nin Google permite todo o que poida
parecer, co cal o choio tamén se complica). Ademais, hai cadeas nas que non
acepta cambios, pese a que o intentes reiteradas veces. Así, aínda que
trates de darlle coherencia a certas solucións (como por exemplo o verbo
volver substituíndo a voltar), en determinadas cadeas, Google non acepta
estas mudanzas.
Se queredes pódense copiar estas cadeas da interface e envialas nun correo a
esta lista...
A verdade é que, pese a que Google non é software libre, é un referente para
calquera usuario e "molaba" ter unha tradución galega da interface que
superase mesmo a doutras linguas (por certo, a tradución ao castelán non é
un proxecto aberto a voluntarios). Problemas: técnicos (a propia interface
de tradución, non saber se os cambios se van aplicar ou non...), a extensión
(a interface de Google medra continuamente con novos produtos [probade a
navegar coa interface en inglés e xa veredes]). Ofrecen a tradución de
produtos directamente comerciais (Adwords...) e ten pinta de que non lles
agrada aumentar os servizos en determinadas linguas mentres non se lle
ofreza a Google un aumento na tradución destes servizos (non o sei, pero dá
a sensación de "castiga" porque a tradución de Adwords cara ao galego está
ao 0%, GoogleGroups ao corenta e tantos...).
Non sei se mancomún pode ofrecer máis información sobre a xestión da
tradución de gmail ou se pode haber medidas de presión para que "solten" as
cadeas en .po.
Se cadra tamén algunha empresa lle podía facer unha proposta a Google de
traducirlle a interface ao galego. Estará Google en disposición de soltar un
can para contribuír coa normalización lingüística do país? Pódeselle ofrecer
datos sobre o uso do galego na publicidade e no comercio... Igual se pode
facer unha proposta máis institucional... ou meterlles as cadeas ao/ás
bolseir en s do Termigal...

2008/6/9 Xosé <xosecalvo en gmail.com>:

> Alguén sabe quen leva a tradución da interface de google?
>
> Xosé
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080609/7ef6f528/attachment.htm
 

Responderlle a