Ola Miguel: Estivemos revisando o que nos enviaches e co cambio que mandaches xéranse problemas cos verbos rematados en -guar.
Proba a poñer deslingüei e deslinguei. Vaiche dar as dúas opcións como correctas. Entón a solución non está en quitar a vogal "u" da regra da liña 279 e 280. Hai que engadir dúas regras máis abaixo para a excepción da "u" dos verbos acabados en -guar para que detecte correctamente a diérese. As liñas a engadir no aff serían estas: SFX 201 uar uei/102,103 [^g]uar SFX 201 uar uéi/666,104 [^g]uar Ademais, debido a isto, hai que modificar onde pon SFX 201 Y 110 #Primeira_conxugación_regular e poñer SFX 201 Y 112 #Primeira_conxugación_regular Indicando a inclusión de 2 novas regras. Sobre a colocación do pronome enclítico no verbo haber, ningunha obxección, xa o engadimos. Procedo a actualizar isto nos distintos correctores (OpenOffice.org, firefox, etc...). Cando estea todo actualizado xa avisamos. Saúdos e graciñas Miguel Solla escribiu: > Envío un arquivo de afixos para o hunspell que corrixe dous dos erros > pendentes na wiki de mancomún: > > http://wiki.mancomun.org/index.php/Discusi%C3%B3n:Corrector_ortogr%C3%A1fico_para_OpenOffice.org > > Non vin o tema moi a fondo, pero pareceume que para solventar o dos > superlativos (só os sintéticos en -ísimo/a(s), pois cando menos algúns dos > superlaticos en -érrimo si os verifica) faise preciso unha revisión máis > fonda que inclúe tamén o arquivo co dicionario. > Aproveito para comentar algunha cousiña que tamén se podería poñer como > pendente: Hai determinados verbos que non admiten construción reflexiva nin > recíproca en galego (falecer, casar...) pero que o verificador si que admite > como válidos. > Parabéns para mancomún por reverter para a comunidade ferramentas coma esta. > Alguén se anima a propoñer cousiñas para o fío que se abrira sobre que facer > co golfiño? > -- Frco. Javier Rial Rodríguez Mancomun.org - Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia http://www.mancomun.org mancomun en mancomun.org