Ola Paco:

Mancomun.org non está traballando na tradución desa extensión pero
podemos poñela no Entrans, sen dúbida, e facer un chamamento a través do
portal para traducila.

Estivemos analizando as instrucións de tradución e hai varios ficheiros
HTML que habería que traducir a man. O resto, unhas 800 cadeas, pódese
pasar a .po (un .properties e outros .dtd) e colgalos do Entrans.

O luns imos limpar a BBDD do Entrans, xa que está un pouco saturada de
suxestións e cadeas dubidosas de proxectos anteriores, así que durante a
próxima semana, se vos parece, poñeremos o Enigmail para Thunderbird a
traducir no Entrans.

Saúdos.

J. Arribi

Paco Di?eguez escribiu:
> Boas a todos teño unha consulta,
> existe algunha traducción ou grupo de traductores que estexan
> traballando neste plugin do Thunderbird¿?
>
> En caso negativo, ¿Algún de vos se anima a traducilo comigo, habería
> que plantexar todo, eu poñería un CVS ou incluso se se podera meter no
> Entrans se facería moito máis rápido?
>
> Non son moitas cadeas polo que vín  e defeito a os ficheiros da
> linguaxe están en xml, pero non quero voltar a traballar arreo como
> fixen co Drupal 5.0, que foron moitas cadeas de NUESTRO SEÑOR...
>
> Saúdos e espero respostas.
>
>   
> _______________________________________________
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
> Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
>   


Responderlle a