Non sei... o certo e que se algo aprendín no tempo que lle dediquei ó
espallamento do Software Libre é que non se pode agardar por ninguén.

Está claro que a administración debería estar máis interesada en apoiar
estas iniciativas. Tamén é certo que a administración non vai facer o
traballo. O traballo ten que facelo a xente.

Non sei ata que punto podemos agardar que a Xunta, Industria ou
Mancomun.org realicen traballos en pro do Software Libre (ou da lingua).
Posiblemente estas institucións non teñan a experiencia necesaria para
facer isto de xeito idoneo, e non se lle pode reprocha a ninguén que non
teña experiencia.

Pola miña parte, prefiro chegar coas cousas feitas na medida do posible,
ou polo menos encargarme de coordinalas, así fágome responsable e non
teño que pelexar con niguén. Se necesito recursos para facer algo e non
podo acadalos por outro camiño, entón recurro a entidades que se presten
a axudar aportando recursos (cartos, hosting, asesoramento, publicidade,
etc.). Pero o traballo debe facel xente experimentada e que teña as
cousas ben claras. Que esté metido no meollo, vamos. ¿Por qué? Porque o
van facer o doble de rápido e o doble de ben coa mitade de esforzo.

E coido (e é moi probable que non teña razón, pero é o que sinto) que
mancomun.org, no seu empreño por axudar, está asumindo cuousas que
debería delegar en outras comunidades. Deixar que os expertos fagan o
seu traballo e limitarse a dar apoio loxistico. Se cadra estou a meter a
pata, pero é unha posibilidade.

Polo demáis, deberíamos buscar máis a cooperación. Se cadra necesitamos
un lugar onde podamos expoñer as nosas necesidades, para tentar darnos
apoio mútuamente. Poida que os LUG podan ofrecer apoio a nivel de
servizos de rede ós equipos de tradución. Os equipos de tradución
poderían realizar a revisión e tradución das aplicacións,documentación,
publicidade e demáis producida/precisada polos LUG e as cousas que
ninguén poda proporcionar... ben buscarmos unha solución entre todos.

¿E cal é o sitio de Mancomun.org? Proporcionar recursos económicos,
hosting, asesoramento legal, recopilar datos e información, servir de
intermediario cara a administración, publicitar actos e iniciativas,
propiciar medios de comunicación entre grupos e solitarios, propiciar a
propia sinerxia... eu que sei. Mil cousas que pode realizar posiblemente
máis facilmente e mellor que moitas das persoas dos diferentes grupos e
solitarios.

Non sei... se cadra é que durmo poucas horas.

-- 
Daniel Bañobre Dopico   _o)
GNU/Linux num. 416887   /\\
http://counter.li.org   \_V


Reply via email to