> Masculino ou feminino... correcto ?
>
> Con correcto, pregunto se compensa realmente buscar unha tradución para
> "hash" (hash code, hash algorithm)
>
> No caso de optar, como é hoxe en día a práctica xeral, por coller como
> préstamo "hash" entón hai que decidir se se lle adxudica xénero masculino ou
> feminino (código ?, clave ?, cadea ?, sinatura?....)
>
> Eu claramente opto polo masculino en analoxía con  número ou código,
> emparéllase mellor con código e con algoritmo que son as que se usan
> habitualmente.
>
>   This confirm hash exists more than once.
>   Este hash de confirmación existe máis dunha vez
>
>  Hash code  > the hash
>   Código de hash > o hash

En algoritmos (apuntamentos en castelán) ás "hash functions"
chamábanas "funcións de dispersión" porque se usaban para dispersar a
información e non apelotonala. Claro que esta tradución igual non vale
para tódolos contextos.

Ademais o outro día remexendo atopei nun dicionario outra tradución
para hash (o símbolo #) pero non sei onde a escribin, algún día
atopareina de novo.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a