Boas,

Escrebo para esclarecer certas novas que foron publicadas nestes días: a
igual que outros proxectos tecnolóxicos e de I+D iniciados polo bipartito,
Mancomún está efectivamente a ser desmantelado. En concreto, a planificación
foi abortada, os orzamentos foron cancelados, a oficina de coordenación foi
fechada, a unidade administrativa foi clausurada e a consecuencia do anterior
o meu contrato foi rescindido.

Non vou entrar a valorar eiquí ises feitos. Se me referín foi para:

- dar constancia de que administrativa e xurídicamente Mancomún xa non existe

- informar de que, dos recursos asignados, únicamente funciona os servidores 
  virtuais sobre os que operan os distintos servizos (forxa, web, roldas e
  demais) cuxo contrato de mantenemento finaliza o 31/12/2009, data na que 
  finalizan tamén os contratos da xente que aínda sigue traballando.

- compartir a información da que dispoño para axudar a clarificar a situación
  e poder así definir conxuntamente as alternativas máis adecuadas para reducir
  ao mínimo o impacto sobre os proxectos de localización.

A respeito deste último ponto confirmar, como xa indiquei no seu momento [1], 
que vou continuar coas responsabilidades que personalmente asumín nos proxectos
de localización e pedir á xente que estades a colaborar nos que eu coordeno 
(Mozilla, OO.org e mais GNOME) que continuedes con normalidade co previsto ao
tempo que imos retomando o proceso de desinstitucionalización que iniciaramos
eiquí hai uns meses, xustamente en previsión de chegarmos a esta situación.

Finalmente, agradecer as mostras de apoio que moitos de vós me fixestes chegar;
só dizer que estou ben, que estou realmente satisfeito do realizado e que
para min todo isto non é máis que unha excelente oportunidade para consolidar o
que xa temos en boa medida avanzado; pola miña parte estou a traballar na
copia de respaldo.

Seguiremos informando. Avante a toda máquina! (-:

[1] http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2009-July/002319.html

--
http://susinho.pagina.de/

Reply via email to