Ola a todos e especialmente de novo a Suso:

 Como coordinador anterior do OpenOffice.org ao galego, so quería dicirche
que

adiante coa coordinación do OpenOffice.org, e vamos, que se queres/queredes

seguir contando comigo para axudar nalgo ou si credes que se necesita que
faga

algo, non tes/tendes máis que pedirmo. Eu, na medida en que me sexa posible,


tratarei de axudar.


 Poño no teu coñecemento, por se non estabas ao tanto (rexístrate nas roldas


correspondentes, que no seu día che indiquei please, xa sei que entre todos
os

proxectos é moito correo; pero é moi necesario).. que:


 -A seguinte versión do OpenOffice.org sairá sobre o 14 de decembro,
aprox...

-A data límite para entregar a tradución é o 30 de Outubro.

-Haberá unha segunda data de entrega de correccións de erros da tradución

sobre o 19 de novembro.


 http://wiki.services.openoffice.org/wiki/OOoRelease32


 -Para entregala, como che indiquei, hai que engadir unha issue..


Déixoche a seguinte ligazón coa última issue que enviamos para que a tomes

como exemplo.


http://qa.openoffice.org/issues/show_bug.cgi?id=98565


 Por favor, cando engadas a próxima issue, ponme/ponnos en copia a todos, ou


mándame un email para si xurde algún problema poder botar unha man.


 -A tradución estaa completando Antón (~meixome).


 Antón ten expresado anteriormente o seu desexo

de continuar traballando na tradución do OpenOffice.org, polo que conta con
nós.


 -Tes os permisos de "Project Owner" na web de gl.openoffice.org, polo que
podes

xestionar a páxina sempre e cando teñas enviada a SUN e correctamente

instalada a túa chave SSH.


 En breve, mandarei instruccións máis precisas de como estaba eu levando a
cabo o traballo de localización do OOo.

Saúdos.

-- 

Fco. Javier Rial
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20091009/7deb6810/attachment-0001.htm
 

Responderlle a