Boas a tod en s.

Non sei como dicir esto é que nadie o tome mal ou non levantar ampollas. Vou ir 
por puntos:

1.- Queremos centralizar todo o proceso de galeguzación ou tradución de 
software + contidos libre ao galego?
A xente realmente quere esto. Hai unha persoa ou varias que se van a adicar a 
coordinar todo o traballo do voluntariado. Pero falamos de estar ahí, todos os 
días, ao pé do cañón. Hoxe non podo que teño outras cousas, ou non me apetece, 
..., aqui fai falta constancia. Alguén que se mova, que faga de interlocutor 
cos diferentes proxectos (gnome, kde, firefox, openoffice), que fale cos 
tradutores, que os coordene, que atenda as súas peticións, ... alguen ao que 
lle habría que pagar por realizar esa función. Alguen que estea a tanto de 
cando sae unha nova versión, que organice un grupo para traducila, outro para 
testela e que consiga que vai integrada na versión oficial o día do lanzamento.

2.- Porque non traballar cos repositorios ou sistemas do proxecto e coas súas 
roldas.
Non entendo moito disto, pero Ubuntu ten plataforma, openoffice tamén ou agora 
teñena a través do cti e non so para openoffice, senón para Opensolaris, 
Netbeans, ... firefox creo que tamén ten algo polo menos para os complementos, 
... e o resto terá algo, digo eu.
No caso de gnome seguro que che crean rolda para o teu idioma, igual que en 
openoffice e produtos sun.
Ten sentido gastar cuartos e centralizar todo cando se pode tirar da súa 
infraestructura?
Por indepedndencia sip, pero non sei se seremos capaces.

3. Se se monta algo, fundación, asociación, o que sexa, tería que ser 
apolítico, xa que cada un ten a súa forma de pensar e aquí o que importa é o 
software libre e neste caso principalmente a tradución ao galego do software 
libre + os contidos.
Como vedes eu soio falo de software libre, non meto software privativo pero ao 
mellor hai xente que quere metelo. Seguro que tamén é unha fonte de debate este 
tema e no que non creo que atopemos consenso.
Temos tempo para montar unha nova organización, coordinarnos e chegar a 
consenso e olvidarnos das nosas leiras particulares e traballar todos a unha. 
Creo que non e ao mellor é bo que existan todas esas leiras e que cada un 
traduza e se encargue do seu pequeno ego e dos seus proxectos. Esto é algo que 
facemos por voluntariado, por ilusión, porque queremos e seguro que non 
queremos que nadie me diga o que teño que facer, cando ou como, e anque 
soamente sexan suxerencias. Todos van crer que se meten no seu terreo.

4. Trasno, Ciberirmandades, grupos de gnome kde ubuntu, ...
Porque aglutinar todo nun sitio ou baixo o paraugas de unha asociación. Haberá 
xente que o vexa ben, haberá xente que non e haberá xente que vaia por libre. 
Creo que non se poden mesturar cousas. No caso de Trasno, pois unha redacción 
de estatutos nos que non tes moita marxe de modificación non vai aportar nada. 
Poderíase montar o tema en trasno ou en ciberirmandades ou dentro dun ggul, 
sempre e cando se redactara un documento de réxime interno que rixa todo o que 
non ven nos estatutos (que a verdade, non din nada, nin se pedir subencións ou 
non, nin o que queirades, simplemente comentan catro cousas básicas de funcións 
e responsabilidades e de como facer a burocracia, pero de réxime interno non 
din nada). Pero quen redacta iso, quen o aproba, cando nos reunimos, cando ... 
pensado que non hai tempo, xa bo é que quitamos tempo para traducir, uns máis 
ca outros pero todos lle adicamos tempo libre ao que nos gusta.

E xa para rematar, o tema de montar unha infraestructura pero non de roldas, 
senón na que se poida un baixar tbx, tmx e ata traducións dos proxectos está 
moi ben e ata un lugar no que alguen ou varias persoas poidan revisar as 
traducións tamén, pero estar todos ahí e todos os proxectos porque si, sen un 
fin, sen un consenso, sen realmente intentar abarcar a todos, pois non sei eu. 
Eu vou a seguir traducindo e como fixen ata agora, intentarei ser o máis 
preciso, respetar os acordos aos que se cheguen en terminoloxía e a buscar a 
máxima calidade nas traducións, cando non sepa preguntarei e cando teña algo 
feito, pois enviareillo ao desenvolvedor do proxecto ou ao grupo que se 
encargue de coordinar ese proxecto, sen máis, sen esperar nada a cambio, so que 
os aplicativos vaian en galego.

Creo que como sempre comezamos a casa polo tellado e non vamos a chegar a 
consenso e espero que polo menos non se enfade nadie e non perdamos tradutores, 
que non sodes moitos. Eu aínda non me considero un tradutor, son un ocasional 
que a veces fai algo, pero sen moita constancia.

Unha aperta.

Responderlle a