Leandro Regueiro escribiu:
> 2009/10/14 Manuel Souto Pico <m.soutopico en gmail.com>:
>> Ola,
>>
>> Máis un termo para discutir. Como traducides e como pensades que se debe
>> traducir feed en galego (no contexto de sindicación, RSS, novas, etc., non
>> de impresoras nin de saltos de liña).
> 
> Moi interesante.
> 
>> Se cadra parécevos estraña a pergunta, porque vendo as traducións parece que
>> hai bastante homoxeneidade, pero quero asegurarme. Ademáis este termo non
>> aparece nos glosarios de Mancomún e Trasno (por certo, o de Mancomún por que
>> non se actualiza?).
>>
>> Polo que vexo, normalmente se traduce por fonte, aínda que tamén se usa o
>> anglicismo, feed, como masculino ("o feed").
>> Supoño que me diredes que a primeira opción é a recomendábel, e eu tamén o
>> cría até que encontrei algúns contextos que me fixeron dubidar e pensar se
>> será a mellor opción ou se será a mellor opción sempre.
> 
> Así de resposta rápida diria que se acadara o consenso de "feed" =
> "fonte de novas" pero non poria a man no lume.
Eu no joomla sego a empregar "semente"

> 
>> Usar fonte, en principio parece boa opción aínda que non sempre sexa claro a
>> que se refire, sobre todo talvez para alguén que xa o viu como feed (en
>> galego ou noutra lingua), pero o uso/tempo (ademais do contexto) supoño que
>> irá eliminando a inconcreción. Porén, que pasa cando no contexto hai outro
>> termo que tamén se traduce por fonte (como source)?
>>
>> Un par de contextos (? = dúbida):
>>
>> // There is currently no feed source.
>> ?Neste momento non existe ningunha fonte de feeds.
>> ??Neste momento non existe ningunha fonte de fontes.
>>
>> // You are destroying feed source.
>> ?Estás destruíndo a fonte do feed.
>> ??Estás destruíndo a fonte da fonte.
>>
>> E outros:
>>
>> http://sli.uvigo.es/CLUVI/cluvi.php?logalizaL1=\bfeed%28s|ing%29%3F\b&logalizaL2=&direccionconsulta=en-gl-logaliza
>>
>> Coa tradución de data source non habería problema porque se traduce por
>> orixe de datos.
>>
>> Por último, aproveito, que vén a conto. Se feed é fonte, como traduciríades
>> feeding? Supoño que creación de fontes ou algo así.
>>
>> Tamén aproveito para preguntar se sería posíbel que o corpus de Mancomún
>> acepte expresións regulares nas buscas, como fai o Logaliza ou o CTG. Sería
>> interesante. Neste caso podería ter aforrado moitos feedbacks, por ex.
> 
> Sería útil poder facer consultas así.
> 
> Neste momento deberiamos pensar se é mellor modificar o corpus de
> Mancomun para obter a ferramenta de QA que nós queremos, ou se é
> mellor intentar modificar/que nos modifiquen o Open-Tran.
> 
>> Unha aperta e espero que a miña consulta nos sirva de algo a todos :)
>> Manuel
>>
>> _______________________________________________
>> G11n mailing list
>> G11n en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>>
>>
> 
> 

Reply via email to