>>>> O problema está en que, realmente non é depósito de lixo, un lugar onde >>>> deixalo, se non que é unha parte do programa que se encarga de buscar o >>>> "lixo" e xestionalo. >>> >>> Pois para min está claro... "o que recolle" o lixo é o barrendeiro do >>> lixo ou, máis abstractamente o recolector do lixo. >> >> Non, o que fai é ir mirando a memoria da máquina virtual, e vendo que >> cousas fai falta manter nela porque se están usando ou se poden usar, >> e que cousas sobran (lixo) e libera a memoria que ocupaban esas >> cousas. Insisto no de "liberador de memoria" ou traducións polo >> estilo. > > Leandro, coido que te equivocas a medias. O garbage collector decide que > memoria se libera pero tamén compacta memoria, reasigna espazos dentro > da memoria, etc. en definitiva xestiona a memoria para optimizala. > > Podese ollar máis sobre a súa función en > http://es.wikipedia.org/wiki/Recolecci%C3%B3n_de_basura
Tes moita razón. Pero esa información adicional que puxeches aquí tampouco xustifica a tradución como "coletor de lixo" ou semellantes. A miña proposta tampouco é exacta, pero é mellor ca esas. Algo como "xestión da memoria da máquina virtual" queda moi longo, non?