-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1

Deixádeme opinar nisto que sendo socio de Trasno tamén me atinxe...

> E como
> voluntario do software libre, aproveito para chamar a túa atención sobre o
> feito de que Trasno aínda non se posicionara públicamente contra a política
> destructiva do Partido Popular

Certamente Suso, ti cres que un goberno colaboraría ou planificaría unha
estratexia de colaboración con un grupo que o critica e descalifica
todos os días.

Eu persoalmente non o faría e podería deseñar estratexias a prol do
software libre que nada teñan que ver con nós. E en ningún momento
estarían a incumprir promesas electorais.

O que me estou temendo con esta actitude de enfrontamento co goberno, é
que se replique a situación de Valencia, onde a goberno non está en
contacto coa comunidade. E aquel está desenvolvendo, moito e ben,
software libre. Lembremos o gvGIS que tan ben traballa.

E coidado en ningún momento estou dicindo que non haxa que tirarlles das
orellas, senón que o máis produtivo para todos sería convocar unha
reunión para ver que estratexia queren seguir que aínda a día de hoxe
non sabemos nada. E iso é o realmente alarmante, non que unha asociación
se posicione.

Saúdos

- --
Fran Diéguez
http://www.mabishu.com         -     listas en mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8


-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org

iEYEARECAAYFAkrkujsACgkQmLtmJqKk+bhINgCfUpqxLRNq3Gv6cazCDMr6d1Oh
6yYAmwVpNWdrUar6yJEm2e8TSH6pn0T3
=24AU
-----END PGP SIGNATURE-----

Reply via email to