http://www.xornal.com/artigo/2009/09/30/sociedad/xunta-desfaios-proxectos-tecnoloxicos-do-bipartito/2009093022455236900.html

Un cento de técnicos, a maioría vinculados á sociedade da información, 
reciben notificacións de fin de contrato e o Goberno non define os seus 
plans
---------------------------------------------------------------------

A Xunta de Galicia está levando a cabo o desmantelamento dos proxectos 
tecnolóxicos vinculados a sociedade da información, que impulsara o 
goberno bipartito na pasada lexislatura. O 15 de setembro, a 
Administración confirmou o despedimento de sete traballadores do Centro 
de Referencia e Servizos de Software Libre (Mancomún), dando comezo a un 
proceso que rematará a finais de decembro. Outros sete empregados de 
proxectos de investigación e desenvolvemento foron botados onte, 
namentras aos técnicos da Fundación Calidade xa se lles ratificou por 
carta a data de finalización dos seus contratos. En total, 120 persoas 
perderán o seu traballo a finais de ano, segundo denuncia a CIG.

?Trátase dun despedimento masivo cando en todas partes se está apostando 
polo fomento da I+D; a Xunta, en cambio, despide a todo o cadro de 
persoal?, explica Manuel Gallardo Canitrot, secretario nacional de CIG 
Administración. Pola súa banda, dende a Secretaría Xeral de 
Modernización e Innovación Tecnolóxica, da que dependenden todas estas 
inciativas, limítanse a reponder que, de cara ao ano 2010, todos estes 
proxectos ?serán adaptados ás liñas estratéxicas? do departamento e 
manterán a súa vixencia, aínda que non precisan como lles van afectar 
estes cambios.

Suso Baleato, antigo coordinador de Mancomun, considera, en cambio, que 
?nun proxecto tecnolóxico o importante é o coñecemento, non os 
ordenadores, e iso está nos traballadores; se prescinden de todos eles, 
prescinden do proxecto?. ?Eu entendo que para a Xunta a tecnoloxía non é 
unha prioridade?, di.



DISTINTOS CASOS

En concreto, a iniciativa máis afectada é a Rede de Dinamización da 
Sociedade da Información, destinada a favorecer o acceso ás novas 
tecnoloxías de diferentes sectores sociais, como maiores ou mulleres, e 
que conta cuns 80 centros en toda Galicia. Neste programa, hai 80 
traballadores que perderán o seu posto. O mesmo ocorre no Observatorio 
Galego da Sociedade da Información, onde hai catro persoas adicadas á 
recollida de datos sobre o acceso ás TIC. Tamén están afectados 
empregados do mapa de infraestruturas ?que determina os puntos de acceso 
a internet en Galicia?, cinco técnicos adicados ao mantemento de portais 
e plataformas tecnolóxicas e o persoal das oficinas universitarias que 
traballan en distintos programas de software libre.

Ademais, as partidas orzamentarias destinadas tanto ao desenvolvemento 
de programas de estándares abertos coma a proxectos tecnolóxicos deste 
tipo a través da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e 
Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e do Centro de Supercomputación 
de Galicia (Cesga), máis de dous millóns e medio de euros, 
?desapareceron; namentras que a actual Administración veu incrementando 
o gasto en licencenzas de Microsoft nos últimos meses.

A deputada do BNG, Ana Luisa Bouza, que xa fixera unha pregunta no 
Parlamento no mes de setembro sobre os despedimentos de Mancomún, 
explica que o obxectivo do bipartito era que ?a Xunta asumira programas 
como Administración e que contratara ás persoas necesarias para levalos 
adiante?. A deputada considera, pola contra, que agora a situación é 
distinta. ?Co PP, o que hai son subvencións a asociacións afíns en plan 
clientelar e para deixar a deber favores?, di.
-- 
---
      Saúde.
......................................................................
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
......................................................................

Responderlle a