Ola, Acábase de abrir o prazo para a tradución da versión 2.30 de GNOME, un contorno de escritorio intuitivo e de uso doado. O equipo de galeguización de GNOME querémosche facer este convite para que colabores connosco nesa tarefa.
Queres axudar? É ben doado! Explicámosche cómo facelo: A- Envía unha primeira mensaxe á nosa rolda oficial de coordinación [1] contándonos algo sobre ti (tes algunha experiencia traducindo? Que te motiva a colaborar? sempre axuda saber algo de cada un de nós!) e indica se prefires participar traducindo, revisando ou colaborando doutro xeito -se cadra no wiki, cazando erros ou en calquera outro aspecto do proxecto. Desta maneira poderemos asignarche o rol correspondente e darche a información adecuada sobre cuestións importantes como estilo de correción lingüística ou as ferramentas que adoitamos empregar. B- Mentres agardas pola resposta [2!!], podes ir botándolle un ollo ao traballo que temos pendente. Para esto visita o web oficial do noso equipo [3] e observa a táboa na que se relacionan as distintas versións. Agora estamos a traballar na versión 2.30, que é onde máis produtivo resultaría o teu traballo. En cada unha das filas desa táboa poderás visualizar o estado da tradución de dous aspectos de GNOME: a interface gráfica e a documentación. Seguindo a ligazón correspondente, poderás ademais visualizar o estado detallado da tradución de cada un dos módulos incluíndo tanto a porcentaxe traducida como a identificación das personas que están participando na súa tradución. Tamén verás en que fase do proceso se encontran, por exemplo se alguén reservou para sí a tradución ou se a tradución enviada está pendente de revisión. C- Xa te presentaches? Xa recibiches a información precisa sobre como desempeñar o teu rol? Estupendo! Entón agora escolle o teu caso: 1.- Se vas axudar traducindo ou revisando, xa só che queda rexistrarte na interface de tradución de GNOME [4] e selecionar o teu rol. Unha vez que sexa activado xa poderás reservarte os módulos que che interesen e poñerte a traballar sobre iles. 2.- Se vas axudar en calquera outro aspecto sigue as indicacións que che farán chegar os membros do equipo. Como ves, trátase dun proceso sinxelo que permite a colaboración de distintas personas cada unha traballando ao seu ritmo, segundo as súas capacidades e as súas preferencias personais. Non son necesarios complexos coñecementos técnicos senón ganas para axudar a que o noso idioma continúe presente na rede. Así que non o dubides máis e anímate a colaborar!! --- Notas do texto: [1] gnome en g11n.net [2] Se non te contestamos inmediatamente por favor, non te molestes: ten en conta que podemos ter apuro polos prazos de entrega, que a xente máis activa colabora tamén noutros proxectos e... que a maioría de nós temos que compatibilizar a nosa contribución en GNOME coas nosas obrigas diarias. Lembra que o noso traballo é voluntario, cada quen fai o que podei! [3] http://l10n.gnome.org/teams/gl [4] http://l10n.gnome.org/register/ -- http://susinho.pagina.de/