Seguindo coas reflexións sobre os límites da tradución propóñovos un novo caso de estudo. Trátase de wrapper (envoltorio). Non é tan transcendente como estes últimos porque non se ve que vaia saltar ao dominio de uso xeral pero ilustrará bastante ben como manexarmonos a hexemonía do inglés
Agora o lado práctico. Como traducir esta simple cadea? msgid "AT SPI Registry Wrapper" pt. invólucro es. envolvente gl. envoltorio ca. embolcall it. wrapper de. wrapper Desde o meu punto de vista, si se deDesde o meu punto de vista, si se debería traducir e bería traducir e Permitídeme esta descrición: Utilízase metaforicamente no inglés informático para facer referencia a unha técnica (e ao seu produto, unha "clase") que permite empaquetar un anaco de código determinado mediante unha capa para que poida ser empregado nun aplicativo diferente a aquel para o foi pensado o dito anaco de código ou para facilitar outras necesidades como a securización. Hai moitos máis usos metafóricos e extendidos de wrapper, xa que en principio non era unha palabra técnica. Algo máis de información seguindo o ronsel de solución en francés http://www.granddictionnaire.com/btml/fra/r_motclef/index1024_1.asp "On compte huit classes enveloppantes associées chacune à un type primitif de données. Ce sont Boolean, Byte, Character, Short, Integer, Long, Float et Double. Ces classes sont notamment disponibles dans un paquetage Java appelé /java.lang/ et sont importées par défaut. L'utilité de ces classes est qu'elles fournissent des méthodes facilitant les tâches de conversion. Le calque /classe wrapper/ peut aisément être remplacé par un équivalent français. Le terme /classe d'encapsulation/ est associé à la terminologie de Sun. " A definición para Microsoft sería wrapper Software that encases resources, appends code or other software for the purposes of improving user convenience, hardware or software compatibility, or enhanced security. For example, a software wrapper (often called a digital wrapper) is used to compress and encrypt fully usable software that is being sold over the Internet. It is also used to make EDI, a fairly old but still used electronic commerce standard, compatible with the current standards of the Internet. Si, toda esa metáfora nunha única palabra. Pode verse que en Gnome se traduce en todos os idiomas mentres que noutras terminoloxías coma a de Sun, non se fai. A procura en Iate (http://iate.europa.eu) por exemplo dá resultados inadecuados ao noso contexto informático pero tamén se aprecia que a adaptación depende moito do caso. Na terminoloxía de Microsoft non hai unha determinación clara en galego - envoltorio - contedor - axuste En portugués en moitos casos non o traducen: "wrapper de agregação", "Wrapper Gerenciado" mais outras, si "Pano de Embrulho" "Invólucro DDI" A miña opinión: Pode traducirse adaptando o uso da metáfora informática do inglés. Alén da forma léxica (anglicismo en -r como router ou láser que teñen difícil ou lenta adaptación en si mesmos), esa metáfora non nos pode ser descoñecida nin choca culturalmente polo que o usuario galego que se encontra con "envoltorio/embalaxe" nun contexto técnico da informática debe comprender a que se refire. En todo caso para min como tradutor a dúbida está en escoller entre envoltorio ou embalaxe, descartando empaquetado por estar asociado xa a outro sentido. Comprendo perfectamente que estes son os puntos de cruce entre a perspectiva pura dun tradutor e a súa función de naturalizar, adaptar e a perspectiva do profesional técnico. Creo que a inclinación da balanza só depende da "utilidade" da tradución ou non, da tolerancia dos falantes de galego aos anglicismos, da necesidade do uso da palabra ou non (sobre todo se hai que explicarlla a moita xente). A prudencia lingüística en galego lévanos aos tradutores á tradución, o seu uso estrito para técnicos lévanos antes ao mantemento do termo "globalizado". Por iso, ambas perspectivas deben estar abertas: a) wráper (=whisky, láser) b) embalaxe, envoltorio (=browser> navegador) Creo que a opción ideal sería e dar liberdade a quen traduce para escoller segundo o que crea máis acertado para a súa tradución concreta. Wrapper - Embalaxe, wráper -- Antón Gómez Méixome .:lingüista:. www.mancomun.org Centro de Referencia e Servizos de Software Libre Avda. de Vigo, s/n 15706 Santiago de Compostela Tel/ Fax: (0034) 981 56 98 10/ 981 59 46 16 <meixome @ mancomun.org> Logo Xacobeo 2010