Ola! Queres axudarnos a probar o novo OpenOffice.org 3.2 no teu idioma? Entón segue a ler:
Acaba de ser publicado un adianto da próxima versión de OpenOffice.org que, grazas ao traballo comunitario, incorpora xa a súa tradución ao noso idioma. Trátase dunha versión de probas que nos permitirá verificar o seu correcto funcionamento e resolver así calquera problema grave antes de que se produza a publicación da súa versión oficial. Dende a equipa de galeguización de OpenOffice.org queremos pedir a túa colaboración para axudarnos nesta importante tarefa. O proceso é moi sinxelo: consiste en instalar [1] o aplicativo (Linux ou Windows), probalo (por exemplo entrando nos menús, consultando a axuda, premendo os botóns, examinando os cadros de diálogo...) e avisarnos en dev en gl.openoffice.org de calquera erro grave que puideras detectar. Lembra que o prazo para a recepción de erros finaliza o próximo mércores 18 de novembro de 2009, polo que só temos esta semana para verificar o seu funcionamento. Grazas dende xa pola túa colaboración! -- [1] Lembra que se trata dunha versión de probas e por tanto que debes extremar as precaucións, especialmente poñendo a salvo a túa configuración e os teus ficheiros e desinstalando as versións anteriores do aplicativo antes de instalar esta versión de probas. Podes descargar a versión de probas para Linux (DEB ou RPM) e tamén para Windows nas seguintes ligazóns: * Instalador para Windows: http://ooo.services.openoffice.org/pub/OpenOffice.org/cws/upload/localization/localization37/installset/OOo_3.2.0_091106_Win32Intel_install_gl.exe * Instalador para Linux DEB (tipo Debian, Ubuntu e similares): http://ooo.services.openoffice.org/pub/OpenOffice.org/cws/upload/localization/localization37/installset/OOo_3.2.0_091107_LinuxIntel_install_gl_deb.tar.gz * Instalador para Linux RPM (tipo RedHat, Mandriva e similares): http://ooo.services.openoffice.org/pub/OpenOffice.org/cws/upload/localization/localization37/installset/OOo_3.2.0_091106_LinuxIntel_install_gl.tar.gz -- --- Saúde. ...................................................................... Alexandre Prieto. Vigo-Galiza. CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora http://www.ciberirmandade.org A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede ......................................................................