Boas,
É un prazer darvos conta da liberación oficial do Manual de Localización, do que vos xunto PDF coa última versión, e que irá sendo complementada cunha serie de anexos de recursos lingüísticos que vos iremos facendo chegar nos próximos días a traverso da rolda. Personalmente estou moi satisfeito co resultado; como veredes hai moito traballo feito e tamén moito por fazer. Posto que se trata dunha obra colectiva e aberta, quero animarvos a que o revisedes e a que fagades as vosas achegas e comentarios. A estes efectos Antón será o responsabel de ir recollendo as aportacións que vaiamos consensuando en público a través desta rolda para integralas nas sucesivas revisións; non é unha tarefa sinxela, polo que vos pedirei que o axudedes nese cometido. En Cc: vai Susana Sotelo Docío, para facer explícito o recoñecemento que merece, por ser ela a persona que conseguiu sintetizar a metodoloxía de localización que sirve de base ao Manual e que estamos a levar a práctica en Mancomún como resultado dos consensos do g11n. Saúde, -- Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza/ ES) Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113 <suso.baleato @ mancomun.org> ------------ próxima parte ------------ Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano... Nome : Manual_localizar_09c.pdf Tipo : application/pdf Tamaño : 2383211 bytes Descrición: non dispoñible Url : http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090310/46e814dc/attachment-0001.pdf