Boas,

É un prazer darvos conta da liberación oficial do Manual de Localización,
do que vos xunto PDF coa última versión, e que irá sendo complementada 
cunha serie de anexos de recursos lingüísticos que vos iremos facendo 
chegar nos próximos días a traverso da rolda.

Personalmente estou moi satisfeito co resultado; como veredes hai moito
traballo feito e tamén moito por fazer. Posto que se trata dunha obra 
colectiva e aberta, quero animarvos a que o revisedes e a que fagades as 
vosas achegas e comentarios. A estes efectos Antón será o responsabel 
de ir recollendo as aportacións que vaiamos consensuando en público a
través desta rolda para integralas nas sucesivas revisións; non é unha
tarefa sinxela, polo que vos pedirei que o axudedes nese cometido.

En Cc: vai Susana Sotelo Docío, para facer explícito o recoñecemento que
merece, por ser ela a persona que conseguiu sintetizar a metodoloxía de
localización que sirve de base ao Manual e que estamos a levar a práctica
en Mancomún como resultado dos consensos do g11n.

Saúde,

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 15A, 6ºC 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>

------------ próxima parte ------------
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome     : Manual_localizar_09c.pdf
Tipo       : application/pdf
Tamaño     : 2383326 bytes
Descrición: non dispoñible
Url        : 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20090310/d603651a/attachment-0001.pdf
 

Responderlle a