Moi bo Antón.

É unha ferramenta que nos gustou na OSL e que estamos a mirar. Ten moitas 
posibilidades de ir no paquete de programas seleccionados que levaría a 
personalización de Ubuntu que está a facer a OSL. Íamos mirar a posibilidade de 
traducila, pero agora o traballo xa está feito.

Fran, comenta aquí, como se chama o fast-swithcer este que trae o Ubuntu na 
barra superior a dereita (para cambiar de usuario, reiniciar, apagar o equipo, 
... de xeito rápido), que está sen traducir. Debe ter moi pouco que traducir e 
non ha costar moito. É unha das partes que nos levamos topado en Ubuntu sen 
traducir, pero creo que vai con ficheiros xml.

Moi bo traballo. Parabéns. Parabéns dende aqui tamén a localización do joomla.

Unha aperta.

----- Mensaje original -----
De: "Francisco Dieguez" <fran.dieguez en mabishu.com>
CC: g11n en mancomun.org
Enviados: Miércoles, 18 de Marzo 2009 18:15:12 GMT +01:00 Amsterdam / Berlín / 
Berna / Roma / Estocolmo / Viena
Asunto: Re: [G11n] [Difundir] Ubuntu Tweak: app para tunear o seu ubuntu

Moi bo Antón!!

Antón Méixome escribió:
> Acabei a tradución desde 0 de Ubuntu-tweak porque me parece unha
> ferramenta interesante para a xestión do pc por parte de novatos.
> Hai cousas que revisar/cambiar porque fixen algúns experimentos ao
> facer a tradución en Launchpad (sen TM, nin nada) como o de descargar
> o .mo e visualizar a tradución despois de feita e non ao tempo.
>
> Antón
>
>
> Fran Dieguez (Mabishu St.) escribiu:
>> Informovos de esta utilidade para Ubuntu, lémbrame a unha utilidade
>> de fai algún tempo chamada "Automatix" pero esta funciona moi ben e
>> para un usuario medio de ubuntu é moi práctica.
>>
>> http://ubuntu-tweak.com/downloads
>>
>> O gran avance é que xestiona os repositorios dende launchpad para as
>> apps máis empregadas (openoffice 3.0, gnome-do, gnome-globalmenu, and
>> so on...)
>>
>> Ollade uns screenshots en: http://ubuntu-tweak.com/screenshots
>>
>> Fran Diéguez Souto
>> Desenvolvemento de Aplicativos Web    www.mabishu.com
>> <http://www.mabishu.com>
>> Cesariños 14 San Clemente    Caldas de Reis (Galiza/ES)
>> Tel: +34 659 707 495       <fran.dieguez @ mabishu.com
>> <http://mabishu.com>>
>>
>> ------------------------------------------------------------------------
>>
>> _______________________________________________
>> Difundir mailing list
>> Difundir en mancomun.org
>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/difundir
>>   
>
>

_______________________________________________
G11n mailing list
G11n en mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

Reply via email to