O Luns 06 de Outubro de 2008 ás 15:50, mvillarino dicía: >Este non ordena correctamente os ficheiros segundo as táboas ascii, e >considera o trazo baixo (_) e o ponto (.) co mesmo nível de >precedencia, dando como resultado un orden incorrecto da saída: > >kivio_getting stated.po >kivio.po >kivio_using.po
O xeito de ordenar as palabras en Linux depende do módulo LC_COLLATE dos locales. Polo que vexo, practicamente todas as linguas basean o seu LC_COLLATE no módulo xenérico iso14651_t1, incluído claro o galego. Debe ser que neste módulo se indica que o . e o _ (e en xeral calquera signo de puntuación) non afectan á ordenación, por iso só se teñen en conta as letras. Todo isto cóntocho para que o saibas, porque realmente a solución é ben sinxela ;) LANG=C ls Con iso xa chega, ao usar LANG=C non se usa o sistema de locales, e usa a ordenación ascii de toda a vida. Serviría tamén neste caso: LC_COLLATE=C ls A ver se así che vai! Suso -- Unha aperta, Jesús Bravo Álvarez