Acabo de lembrar que no documento de guía que está a rular por ahí, emprégase a expresión "idioma/lingua meta" ea "idioma/lingua orixe/fonte" ou similar. Nun documento chamado "Terminoloxía da tradución"(Anxo Fernández Ocampo e Alberto Álvarez Lugris, Serv. Public. Uni. Vigo), que tamén está por internet adiante refírense a "lingua meta" := "lingua termo" e tamén a "texto termo" mais non a "texto meta", analogamente para "orixe", onde non aparece "texto/lingua/idioma fonte". O 2º documento data do 1999 aprox. Teño as seguintes dúbidas: -Hai algún motivo para escoller meta/fonte antes que as outras alternativas?, e -Sería posíbel estandarizar estes termos na 0.6, cos empregados no documento ese de Terminoloxía da tradución?
-- Best regards, MV