>>>>> Quen garda sempre ten,
>>>>>    
>>>>> http://anl.uvigo.es/UserFiles/File/manuais/Lingua_galega._Dubidas_linguisticas.pdf
>>>>> e quen foza sempre atopa!.
>>>>
>>>> Si, moito debiches ter que fozar. É incrible a de cousas útiles que
>>>> imos atopando. Igual hai que refacer esa lista de recursos que me
>>>> parece que é máis pequena do que deberia. Por certo, corrixinvos as
>>>> ligazóns ás estatísticas de KDE.
>>>
>>> Ten erros nos xentilicios:
>>> Burela (de onde escrebo) => Burelao
>>> Valadouro => Valeco / Valego (e non é despectivo)
>>
>> Vale, onde engadimos isto ós recursos na rede? Non vexo unha sección
>> para estas cousas. Igual non estaba de mais poñer unha sección sobre
>> as normas actuais do galego.
>
> Estiven remexendo no sitio ese, e definitivamente non sei como demo
> atopaches ese recurso.
>
> Outra cousa, vendo que teñen unha chea de glosarios sobre internet e
> todo isto, se montamos uns recursos comúns, e temos un sistema para
> manter varios glosarios de forma sinxela, podiamos incorporar todos
> eses recursos. Despois só nos faria falta conseguir que os programas
> de tradución poidan consultar todos eses glosarios dunha tacada.

Vale, xa o atopei :) O da lista de paises e todo iso é ouro puro. Xa
podemos poñernos ca lista de paises, etc. O que me pregunto e se tendo
iso realmente ós da TVG lles fai falta a lista esa pola que soltaron
tantos cartos http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=11&idNoticia=339363

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a