>> Antes falei con Nacho (o antigo tradutor de gnome) e díxome que el
>> preferia resaltar, igual ca min, pero que ultimamente se pasou a
>> realzar porque era o que usaban en mancomun.

Ata onde eu sei gnome agora está orfo, igual ca debian, fedora, e
tódolos programas que traducia nacho (que son unha chea deles). Esta
era unha das cousas que tiñamos que falar na akademy.


> 3 [C] technical a light bright area on a painting or photograph:
>>> iluminar (como verbo) ilmunicación, áreas claras, áreas iluminadas...
>
> e esta creo q é a que buscas

Creo que supós de máis. Que estea traducindo o Inkscape no quere dicir
que "highlight" que traduzo non teña que ver con texto, ou con cousas
da interface (entendo que vos referides a por exemplo o cambio de
aspecto dun botón cando se lle pon o rato enriba).


> O que en inglés pode ser unha única palabra en galego poden ser varias e
> depende do sentido. Así non é o mesmo
>
> - Nun texto (ou en código)
> - Nunha imaxe
> - Nunha UI (efecto de selección)
> - Nun discurso
>
> Realzar, contrastar, resaltar, brillar, subliñar, destacar, iluminar,
> reflectir...
>
> E tamén hai que ter en conta a colisión con outras traducións técnicas como
> "outline" que pode ser destacar, resaltar, trazar, remarcar, contornear,
> perfilar, subliñar, salientar...

"outline" é outra cousa que preciso traducir no Inkscape e non sabia
por onde tirar. Isto de ter que ler todo o maldito manual para
traducir está acabando comigo.


> Creo que antes habería que decidir unha cousa... en que caso estamos a falar
> dun termo técnico e cando estamos a usar un vocábulo corrente. O termo
> técnico debe ser fixado, o vocábulo pode ser variábel.
>
> Pensemos nun caso como "highlight color". Non pode ser que traduzamos "cor
> de brillo" porque iso non ten sentido nun texto, pero si en Gimp. E un
> realce non é o mesmo que un reflexo. Seguramente axudaría unha axuda dun
> deseñador e as súas técnicas.
>
> A miña proposta agora mesmo
>
> highlight
>
> - nun texto, etc > realzar/realce
> - nunha imaxe > distinguir: iluminar(e brillo) // reflectir (e reflexo)
> - UI e discurso > todas as opcións

Conforme co do texto, agora teremos que comezar a substituir se os
demais están de acordo nisto.

No da imaxe xa non o teño tan claro. E no discurso e na UI non vexo
por que poñemos xuntos os dos ámbitos.

> outline
>
> - destacar

Eu diria que pode depender do contexto. Non lembro exactamente, pero
no Inkscape pódese refirir a reducir unha imaxe ós trazos principais,
pero repito, non estou seguro.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a