>> Son Anxo Otero, alumno de postgrao da Universidade de Vigo. Parte do 
>> traballo de investigación titelado (TIT) que estou a facer coa supervisión 
>> de Xavier Gómez Guinovart, vai consistir en ampliar o corpus LOGALIZA. A 
>> nosa intención é facelo coa última versión do Firefox, aínda que sexa unha 
>> versión beta. Agora ben, non sei con quen poñerme en contacto para saber se 
>> podo contar coa axuda de Mancomún. Alguén me pode botar unha man?

Por curiosidade, o logaliza este ten traducións de que software?
Podemos acceder a ese corpus para usalo os tradutores voluntarios como
estamos usando o corpus de mancomun?

Por outra banda comentar que estamos mirando de montar un glosario de
terminoloxia comun sobre TBX para terminoloxia referente ó software, e
tiña interese en saber se algún ou algunha de por aí sabe algo do tema
e/ou está interesado/interesada en colaborar.

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a