Boas, Veño de actualizar o wiki que puxemos a andar para descreber o que imos facendo e dese modo facilitar o traballo colaborativo e a participación no proxecto do metapaquete.
http://wiki.mancomun.org/index.php/ARAOS-devel Polo momento o que atoparedes serán ligazóns úteis que fomos recopilando, descrebendo procesos e ficheiros de configuración... en fin, que non se trata de 'entregar un produto xa feito e fechado' como no caso do software privativo, senón que se trata de facelo un pouco entre todos e todas, asi que o que nós fagamos queremos que sexa público dende o principio para que todo o mundo poida opinar e participar do proceso. Botádelle un ollo; non esperedes un documento estructurado ou algo así por que é exactamente o que é: un wiki; algo caótico e creativo, que nistes momentos é o que compre para facilitar a tormenta de ideas e convertir esta posta en común nun metapaquete.deb instalabel. E por suposto se alguén se anima con descricións funcionais, documentación, manuais do desenvolvedor, FAQs e demais material, que non se corte. Saúdos, suso.baleato en xunta.es escrebeu: > Xosé escrebeu: > > Olá, > > > > O que expós está ben sintetizado, mais hai un par de comentarios que quero > > facer: > > > > 1. Falta a referencia ao "obxectivo": Non se trata de crear "a distribución > > EN GALEGO" ou algo parecido, que faga pensar que é a única que vai en > > galego, xa que hai máis, abonda con instalar un par de paquetes de > > tradución. > > É importante ter claro que unha cousa é o metapaquete, e outra cousa son > as personalizacións que se fagan dese metapaquete. E dende logo distro, > no seu sentido estricto, entendo que só estamos a falar dunha: Ubuntu. > > O obxectivo que temos en Mancomún é obter un metapaquete que, aplicado a > unha Ubuntu estándar, forneza un escritório ofimático multimedia en galego > adaptado ás necesidades que estamos tendo: que esté nun galego homologado, > que poidan metérselle os logos dos que nos piden esas distros... etc. > > Despois ise metapaquete por suposto pode empregalo quen queira para > facer a súa personalización se quere, igual que calquera pode baixarse > unha ubuntu e personalizala ao seu gusto. No noso caso ímolo empregar como > ferramenta para poder facer as personalizacións que nos pidan, e xa temos > tres encargadas: unha para a oficina técnica do PEGSI, outra para Dirección > Xeral e outra para a rede de dinamización. > > En canto á idea de que haxa unha 'distribución' en galego... home, pois > distros en galego hai unhas cantas xa. Outra cuestión é que se consiga > que a xente acredite nunha en concreto; e iso sería o desexabel, por que > mentres non suceda iso, ímolo ter moi complicado para lograr que a xente > se tome en serio isto do linux. > > Pola miña parte estou facendo todo o posibel para obter un apoio > institucional da Xunta neste sentido; creo que hai unha boa oportunidade > agora que se celebra o segundo aniversario de mancomún, e vou tratar de > facer todo o posibel para obter un compromiso nise sentido. Fixen unha > proposta dende o Centro de Referéncia de cara ao aniversario que non sei > si me aceptarán ou até onde, pero sí me podo comprometer a dúas cousas > se o considerades útil: > > 1) Mantervos informados do que vaia conseguindo, > 2) Tratar que en caso de conseguilo que non sexa unha distribución > separada, senón que sexa unha personalización do metapaquete do que > falamos. > 3) Se o consigo, contar cómo o fixen para que o proceso poidan repetilo > a xente de educación, os de sanidade e todos os demais. > > > Tamén hai que evitar que no nome ou na publicidade se poda > > deducir algo parecido. > > Se queredes que fagamos publicidade deste proxecto de metapaquete > facémola, pero non sei até que punto eso pode ter interese. O único nome > que estamos empregando nós é araOS internamente. O nome ven do pingüíno > galego, o Arao, que está en perigo de extinción. O único que queirades > que poñamos unha nova en mancomún en plan 'mancomún traballará nun > proxecto de metapaquete en coordinación coa comunidade galega de Ubuntu' > ou algo así? Igual era boa idea, aproveitando que acaba de sair a 8.04. > Por min sen problema. > > No que se refire ás tres personalizacións das que che falaba arriba que > eu saiba só imos darlle publicidade a dúas: a da oficina do PEGSI e á da > Dirección Xeral. A primeira vai estar orientada ás PEMEs e a segunda > servirá de apoio para as accións de promoción do software libre, para > regalarlle aos GULs, para levar aos eventos... etc. O da rede de dinamización > non creo que teña nome nin publicidade, pero sí que vai ter uso por que > sería para os 80 locais que teñen por todo o país. En canto aos nomes > cores, logotipos, e todo o demais iso xa é cousa dos creativos e pouco > temos que dicir nós niso. Eu fixen varias propostas de nomes, e se a alguén > se lle ocurren nomes, pois admítense suxeréncias. > > > Os destinatarios, segundo creo, non son os individuos > > coma min ou como os demais que participan nesta rolda, senón as institucións > > públicas (corrixe-me se é o caso), isto é, os servizos como bibliotecas, > > hospitais, colexios, etc. > > > > Os destinatarios do metapaquete son desenvolvedores que queiran empregar > ise metapaquete para personalizalo cos logotipos dos seus 'clientes' e > empregalo como mellor entendan. Por exemplo, os do sergas poden coller o > metapaquete e partir del para facerse unha ubuntu á súa medida. Ou poden > pedirnos a nós que llo fagamos. Ou poden contratar a unha empresa para > ue llo faga. Ou poden falar cun colega e que llo faga íl... > > No caso de mancomún, temos previsto empregar o metapaquete para xenerar > as tres personalizacións das que falaba. E ogallá que nos encarguen moitas > máis, por que será sinal de que o tema do linux funciona. Pero polo > momento os encargos que temos son ises. > > > > 2. Ademais do metapaquete principal haberá outros para bibliotecas, > > hospitais, colexios, etc. > > > > Estás seguro desto? Así, sen ter aínda o metapaquete e ver cómo funciona > é difícil de definir, eu penso que sería máis efectivo que se alguén quere > facer unha distro para colexios, que colla o metapaquete e que o adapte > directamente non? E unha vez feita a adaptación, que o suba ao repositorio > e así que o poida empregar calquera. > > Pero igual o do esquema metapaquete principal + metapaquete > personalizado é mais efectivo. Non sei. No que a min respeita, estou > aberto a todo tipo de suxerencias. > > > > Xosé > > > > > > > > > > > > O Saturday 26 April 2008 23:20:06 suso.baleato en xunta.es escribiu: > > > Boas, > > > > > > Por sintetizar un pouco o que fomos falando nesta posta en común inicial, > > > correxídeme se me equivoco: > > > > > > - A idea é que mancomún traballe *non* nunha nova distro, senón nun > > > metapaquete de configuración (logos, iconas, splash, colorinchos > > > varios, unha selección de aplicacións preconfiguradas para o galego > > > que fornezan as funcionalidades dun escritório ofimático multimedia, > > > e os pacotes adicionais precisos para iso). Alomenos inicialmente, o > > > metapaquete no que traballaríamos dende mancomún sería para Ubuntu, > > > pero calquera esforzo que haxa para portalo a outras distros > > > apoiaríamolo. > > > > > > - Como a idea é conseguir ter un escritório íntegramente en galego, en > > > troques de traducir á nosa bola sen máis, introduciríamos os > > > resultados das nosas traducións a través do launchpad. Eiquí xa non > > > sei como funcionaría a cousa, se teríamos que facelo nós directamente ou > > > darvos a vós os .po... eso xa ides dicindo. O ideal sería que a meio > > > longo prazo, o metapaquete se reducira á selección de aplicacións e á > > > súa configuración, xa que idealmente non faría falta traducir nada a > > > maiores do que se meta polo launchpad. > > > > > > - O metapaquete poñeríamolo no repositorio apt de mancomún, e por > > > suposto nos repositorios que o queiran disponibilizar. > > > > > > - Traballar na idea dun metapaquete en troques de facelo na idea dunha > > > distro ten varias vantaxes: pode servir como base para outras > > > customizacións, pode incluírse nos liveCD instalábeis fácilmente, pode > > > ser portado para outras distros... > > > > > > Se non se me escapa nada e todos o temos claro, entón poderíamos dar o > > > seguinte paso que propuxestes, que sería contactar con Mark Shuttleworth > > > para mirar a posibilidade de estabelecer algún tipo de convenio, > > > sinatura ou o que conveña. > > > > > > En todo caso, con ou sen convenio con Canonical, penso que temos o máis > > > importante feito, que é estarmos dacordo en que coordenarnos pode ser > > > positivo para todos/as. > > > > > > Penso que daiquí só poden saír cousas boas; a verdade é que estou moi > > > contento con todo isto. > > > > > > Saúdos, > > > > > > damufo escrebeu: > > > > Respondo abaixo > > > > > > > > >> Felipe Gil Castiñeira escribiu: > > > > >>> suso.baleato en xunta.es wrote: > > > > >>> > > > > >>> [..cortado..] > > > > >>> > > > > >>>> Así que o lóxico é: primeiro expoñervos o tema a vós e ver cómo o > > > > >>>> vedes. Se vedes ben tirar para adiante, pois veña, falamos con Mark > > > > >>>> e miramos de asinar ese convenio. Pero vaia: é importante non poñer > > > > >>>> o carro diante dos bois. De nada serviría que a Consellería de > > > > >>>> Innovación e Industria asinara algo con Canonical a través do > > Centro > > > > >>>> de Referencia e Servizos de Software Libre... se despois a > > > > >>>> comunidade galega de Ubuntu estivera en contra non? Ese tipo de > > > > >>>> situacións danse demasiado a miúdo no mundo do software libre, e > > > > >>>> penso que temos que intentar evitar os conflictos, e sempre camiñar > > > > >>>> xuntos cara obxectivos comúns. > > > > >>> > > > > >>> Non é por facer a rosca, pero estou contento con que teñades esa > > > > >>> actitude... de feito recordo que cando empezou a funcionar Mancomún > > > > >>> había bastante suspicacia por se pasaban cousas así. > > > > > > > > > > damufo escrebeu: > > > > >> Unha opinión mais. > > > > >> En primeiro lugar pareceme moi interesante o de facer un paquete/es > > > > >> no canto dunha distribución especifica. > > > > >> Penso que a idea de facer o paquete para ubuntu é tamén unha gran > > > > >> elección aínda que penso que tamén sería bo que se contemplase a > > > > >> posibilidade de que houbesen versións dese paquete para outras > > > > >> distribucións (debian, suse...) se houbese demanda claro. > > > > >> Saúdos > > > > > > > > suso.baleato en xunta.es escribiu: > > > > > Pois a verdade é que é unha idea estupenda e concordo tamén con que a > > > > > posibilidade debe contemplarse. > > > > > > > > > > É importante aclarar, iso sí, que en Mancomún imos comezar > > traballando > > > > > na versión para Ubuntu, xa que nos resultaría inviabel facelo para > > > > > todas as distros ao mesmo tempo. > > > > > > > > > > E se dalgún xeito podemos apoiar que haxa o pacote para outras > > > > > distros, pois sen problema claro. > > > > > > > > > > Saúdos, > > > > > > > > A iso me refería. Aínda que non fixen ningunha enquisa a min pareceme > > > > razoable comezar por ubuntu (debido ao gran tirón que está a ter), e > > > > logo se hai demanda ver a posibilidade de ampliar a outras distros. > > > > Saúdos > > > > > > > > >> -- > > > > >> Ubuntu-l10n-gl mailing list > > > > >> Ubuntu-l10n-gl en lists.ubuntu.com > > > > >> https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > > > > > > > > -- > > > > Ubuntu-l10n-gl mailing list > > > > Ubuntu-l10n-gl en lists.ubuntu.com > > > > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > > > > > > -- > > > Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador de mancomun.org > > > Consellaría de Innovación e Industria Xunta de Galicia > > > Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza) > > > (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113 <suso.baleato @ xunta.es> > > > > > > -- > > Ubuntu-l10n-gl mailing list > > Ubuntu-l10n-gl en lists.ubuntu.com > > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl > > -- > Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador de mancomun.org > > Consellaría de Innovación e Industria Xunta de Galicia > Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza) > (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113 <suso.baleato @ xunta.es> > > -- > Ubuntu-l10n-gl mailing list > Ubuntu-l10n-gl en lists.ubuntu.com > https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl -- Xesús Manuel Benítez Baleato Coordenador de mancomun.org Consellaría de Innovación e Industria Xunta de Galicia Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707 Santiago de Compostela (Galiza) (0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113 <suso.baleato @ xunta.es>