Non sei se todos os que traducides Ubuntu andades por aquí, pero só unha 
crítica construtiva (logo de intalaren Ubu no PC da casa). Almas cándidas, 
botadelle un ollo a normativa do 2003!. 

É moi habitual, parece, usar ¿...?. O '¿' xa non se usa no galego bardante de 
que se queira resaltar, para evitar confusións, que se está a realizar unha 
pregunta. 

Ademais, deste erro vin algún máis que non recordo pero todos relacionados coa 
adaptación a norma do 2003.

@entendo que isto é dificíl, en KDE tamén temos moito que corrixir)). Como 
facedes ubu e temos agora Galinux a calidade da tradución importa cada vez 
máis. 

Saudos e ánimo traducindo!

Responderlle a