PD: a páxina de Aurora é así ou fáltalle a ligazón para obter a nova
versión??

2011/6/20 David Marcos Ramas <davidmarcosramas en gmail.com>

> Penso que é un tema recorrente, pero en calquera caso, vén a conto.
>
> Para min o problema é o xeito de traballar, deberíamos de ter acceso a unha
> plataforma web onde poder ver as cadeas, os proxectos... en marcha e que
> cada un vaia aportando cando e como poida.
>
> A min pásame un pouco coma a Angel, ou leo os correos tarde ou cando os leo
> non teño tempo/non me apetece...
>
> Existe ou non a posibilidade de traballar desde unha plataforma web ou ten
> que ser/vai ser así para sempre???
>
> Como fan as equipas doutras linguas??
>
> Saúdos
>
>
> 2011/6/20 Angel Domínguez <angeldomcer en yahoo.es>
>
>> Mira, Enrique:
>> Non che sei os demais, pero eu son persoa que traballa (se ser funcionario
>> conta como traballar), ten muller e fillos. É dicir:
>>
>>    1. Non me conecto ao correo cada 5 minutos, senón cando podo
>>    (normalmente unha vez ao día).
>>    2. Non dispoño de tempo ilimitado, nin fixo cada día, depende do
>>    momento e do día, pode ir de horas a nada.
>>
>> Cando me decidín a colaborar, non sei se me expliquei, pero fíxeno
>> pensando en ter tempo para ver o que hai por facer, escoller algo que estea
>> ao meu alcance (técnico e idomático) e facelo, respectando uns plazos pero
>> tendo tempo suficiente.
>>
>> Atópome con que durante días, moitos, incluso semanas non hai sinais de
>> nada que facer, todo está traducido e en Mozilla reina a "pax romana". Pero,
>> de repente, hai que traducir isto, aquilo, o de máis alá e ten que se xa, 
>> ou
>> mellor para onte... Eu non podo facer iso, nin me enche persoalmente nin
>> teño tempo para facelo. E como normalmente leo estes avisos un ou dous días
>> depois, dou por feito que xa chego tarde.
>>
>> Só dúas suxerencias:
>>
>>    1. Deberíamos ter unha visión xeral de como vai o proxecto en sí, e
>>    non recibir só chispazos "falta isto, hai que dar con isto..." Se 
>> colaboro
>>    gustariame saber en que, como contribúe ao proxecto as 4 ou 400 cadeas 
>> que
>>    traduzo, como vai a marcha global...
>>    2. Estou disposto a colaborar pero necesito tempo, non creo que nun
>>    proxecto que se mantén en boa parte sobre o traballo dos voluntarios 
>> todo o
>>    que se necesite teña que ser para onte. Creo que hai que programar as 
>> cousas
>>    con máis calma. As linguas minoritarias non podemos competir en cantidade
>>    coas maioritarias, pero si en calidade: do material traducido e do
>>    funcionamento do equipo de voluntarios. É máis importante que todos nos
>>    sintamos implicados e "protagonistas" do que imos conseguindo que ter a
>>    tradución unha hora antes ou despois.
>>
>> Para rematar dúas cousiñas:
>>
>>    1. Alégrome que a miña tradución das características dea sinais de
>>    vida, empezaba a pensar que había algún problema ou que se perdera.
>>    2. Eu me encargo de traducir a enquisa, pero xa podedes esperar unha
>>    semaniña polo menos.
>>
>> Un saúdo,
>> Ángel
>>
>> ------------------------------
>> *De:* Enrique Estévez Fernández <eu en keko.me>
>> *Para:* Traducion ao galego de Mozilla <galician en mozdev.org>
>> *Enviado:* lun,20 junio, 2011 17:15
>> *Asunto:* [Galician] [Colaboracións] Paso adiante de quen queira
>> colaborar nas traducións
>>
>> Ola a todos.
>>
>> Primeiro de nada, teño que darme un tirón de orellas, porque non dou
>> cumprido coas miñas tarefas. A primeira delas era organizar a forma na
>> que todos poiderades colaborar coa tradución dos produtos de Mozilla.
>> Volvo a solicitar voluntarios que queiran colaborar e que tempo e
>> tarefas estaríades dispostos a realizar.
>>
>> Ultimamente pido axuda coas traducións de páxinas web ou con cadeas
>> soltas e non estou atopando colaboración. Esta fin de semana, envieu
>> un correo no que había que traducir unha serie de cadeas dunha enquisa
>> e nin sequera unha persoa suxeriu algunha tradución. Non é preciso
>> traducir todo, simplemente traducir as cadeas que un sabe ou que tivo
>> tempo e enviar o correo a rolda. Con esas suxestións, pódese traducir
>> a enquisa ou axudarme a min a rematar o que falte.
>>
>> Como nadie contestou ao correo, hoxe tiven que traducir eu só estas
>> tres páxinas web, que abriron mediante bugs de alta prioridade ao
>> longo da mañá:
>>
>> http://www-stage.mozilla.org/gl/thunderbird/5.0/start
>> http://www-stage.mozilla.org/gl/thunderbird/5.0/whatsnew
>> http://www-trunk.stage.mozilla.com/gl/firefox/aurora/details/
>>
>> A enquisa, non sei a urxencia que terá, pero como non é prioritaria
>> para ter os produtos con versión oficial en galego, queda na cola dos
>> traballos a espera da vosa colaboración.
>>
>> Espero saber cantos da lista vades dar un paso adiante e a ver se
>> desta vez dou organizado o traballo. A documentación terá que esperar.
>>
>> Saúdos.
>>
>> PD: sei que teño pendente de revisar a páxina de características do
>> Firefox 4, que traduciu un de vos. Xa comecei con ela e coas
>> anotacións para enviarlle ao tradutor voluntario, pero non levo tido
>> tempo para máis. Así que, a persoa en cuestión, que sepa que estou con
>> elo e que me disculpe polo retraso.
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20110620/eed18e97/attachment.html>

Responderlle a