X-FID: PLAINTXT-NONE-0000-0000-000000000000
Content-Transfer-Encoding: 7bit
X-Priority: 3
Disposition-Notification-To: "Antoni A." <[EMAIL PROTECTED]>

Hola!
No havia escrit mai, des q em vaig subscriure a la llista. Però m'acaben d
enviar aquesta informació en gallec i crec q us interessarà...
Salut!
Toni

GALICIA HOXE
   Venres 10 de setembro de 2004



A partir do 1 de outubro copiar CD protexidos será considerado delito
Esta medida impedirá que o consumidor exerza o seu dereito legal de ter unha

copia privada. A partir desta data, calquera persoa que dispoña dun software

que teña a capacidade de eliminar os sistemas de protección dos CD ou DVD 
mercados nun establecemento



      O próximo 1 de outubro entrará en vigor a reforma do artigo 270 do 
Código Penal que castiga a quen posúa software capaz de eliminar os sistemas

de protección dos CD e DVD, segundo recolle a web da Asociación de 
Internautas. A Asociación Música en Internet (AMI) denuncia que esta medida 
impedirá que o consumidor exerza o seu dereito a ter unha copia privada da 
música descargada de sitios legais de Internet.

      A AMI sinala que, na actualidade, practicamente todos os CD e DVD que 
saen ó mercado incorporan este tipo de proteccións, polo que se un usuario 
desexa realizar unha copia destes CD para o coche ou simplemente para ter 
outra copia de seguridade, ó cal ten dereito legal (art. 25 da Lei de 
Propiedade Intelectual), a única forma de o facer é dispor dun software 
capaz de desprotexer o sistema anticopia. Agora o feito de posuír deste 
aparello pode supor penas de cárcere. Para a AMI esta reforma supón unha 
fraude para o consumidor xa que este xa está pagando unha cantidade dirixida

a compensar os dereitos de propiedade intelectual que se deixasen de 
percibir por razón da expresada reprodución. Esta denuncia únese ás 
continuas manifestacións de protesta da AMI en contra do canon por copia 
privada que deben aboar os consumidores ó adquirir os CD regravables. 
Segundo esta organización, o abuso prodúcese ó existir un dobre pagamento 
por un só concepto, xa que ó canon que se paga no CD virxe, hai que sumar o 
das cantidades que os servizos on line de descargas cobran nos ficheiros que

son aptos para a súa gravación a CD.

      O prezo dos servizos de descarga de música en Internet apoiados pola 
industria discográfica varía en función da posibilidade de exportar os 
ficheiros musicais fóra do ordenador do usuario. Así, os que poden ser 
gravados nun CD, son bastante máis caros xa que inclúen o canon por 
gravación. Mentres, as cancións limitadas á súa reprodución só no ordenador 
son bastante máis baratas.MARÉ
 
_______________________________________________
llista de correu de l'Internauta
[EMAIL PROTECTED]
http://zeus.internauta.net/mailman/listinfo/internauta

Respondre per correu electrònic a