Ben. Para min o corrector é importantísimo, máis que o software, se cabe:
Se nunha interface hai algo sen traducir ninguén se estraña; a fin de
contas estamos afeitos desde hai décadas. Pero que na liña anterior me
sinalase como erro "importantísimo" paréceme preocupante. Por unha parte
parece que no software libre nada é de calidade e, por outra parte,
desprestixia o galego, porque non parece un idioma "tecnolóxico" ao carecer
de ferramentas fiábeis deste tipo.

A noticia que citei non era para que se aproveitasen eses termos. O certo é
que se están a incorporar termos continuamente, sen que necesariamente se
lles dea tanta publicidade. O problema é que penso que carecemos dun
mecanismo para ilos incorporando nós.

Antón, por que non propós un plan de actualización e mantemento? Súmome eu
xa agora e, seguro que máis persoas.

Xosé

O 00:34 do 14 de marzo de 2018, Antón Méixome <cert...@certima.net>
escribiu:

> Parada, Xosé
>
>
> Levo tempo querendo retomalo. Parei para que Adrián levara a termo unha
> idea que tiña de reorganización bastante importante e fixo moito pero creo
> que non chegou a rematar polo que a cousa quedou asi un pouco no aire. En
> fin, hai 5 anos diso... incrible.
>
> De todas maneiras actualizo coa idea de que xa non é necesario compilar
> aquelas dúas versións: comunidade / Volg. Agora está por módulos e pódese
> levar como se queira, de feito calquera pode compilar a versión que lle
> pareza, e calquera pode contribuír porque esta en GitHub
>
> Para ben ser habería que lograr como mínimo unha versión actualizada cada
> ano e producir o paquete .oxt para que non nolo puxeran como sospeitoso de
> obsoleto, que non o é.
>
> Ademais había outra razón para un impass, a mellora máis importante e
> necesarísima para o corrector é a de que recoñeza derivados, como as
> palabras prefixadas, sufixadas e compostas. (poñer→ impoñer, supoñer,
> antepoñer, etc.) Non tiña "sentido" ningún incorporar palabra a palabra,
> cando menos dos cento e pico prefixos máis habituais. Hunspell non os
> recoñecía.
>
> pero agora si, desde non hai moito. Queda investigar como se aplica ao
> galego e facelo...
>
> O da RAG, algo é algo, menos de 200 termos que non sei se estarán xa
> metidos. Desde logo non son novidade nas nosas traducións de software.
>
> Antón
>
>
>
>
>
>
> 2018-03-13 23:54 GMT+01:00 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
>
>> http://www.gciencia.com/ciencia/termos-matematicos-dicionario/
>>
>> Como vai a actualización dos dicionarios para os correctores?
>>
>> Xosé
>>
>> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
>>  - correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
>> - Desubscribirse  no URL: 
>> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1090&h=fcbe7831b2f9908eaac62151257d6a3f1e4d1963&sa=2040294403
>>
>>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
>  - correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Desubscribirse  no URL: 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1091&h=b350990a9f8e105ea1f6de93fc810cb2683e4f5e&sa=1564119621
>
>

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Desubscribirse no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1095&h=b1197885353bd1177dd8489e12187502aa94eb17&sa=1714135827

Reply via email to