Dándolle un par de voltas, a «29» e «44» engadiría o seguinte: 

175 → galego (por ser o 17 de maio o Día das Letras Galegas)
427 → cantiga (número de obras recollidas nas Cantigas de Santa María)
1837 → castro (ano de nacemento de Rosalía de Castro) 

Aproveito para dicir tamén que prohiben explicitamente asociacións
políticas, relixiosas ou que poidan xerar debate (por iso as miñas
reservas sobre que acepten «29»), e que a miña idea é mandar a lista
antes do luns. 

On 2018-05-03 22:41, Adrian Chaves wrote:

> Para un tema relacionado co software libre (nestes momentos creo que non 
> debería dar máis datos, pero é para algo que debería ser publico en cuestión 
> de poucos meses) busco parellas de número (enteiro positivo) e palabra que 
> teñan un especial significado en galego. No sentido de que, se á palabra se 
> lle asociase ese número como identificador dentro dun vocabulario, reultaría 
> curioso ou mesmo gracioso para os galegos. 
> 
> A min só se me ocorreu a asociación de «carallo» con «29», pero é que eu son 
> moi simple. E non estou seguro de que vaian querer facer unha asociación dese 
> tipo (vulgar). 
> 
> Así que, se se vos ocorre algunha outra, estaría xenial. 
> 
> Supoño que canto máis pouco comúns sexan os números mellor, porque non somos 
> o único idioma suxerindo asociacións, e un mesmo número non poderán 
> compartilo palabras de distintos idiomas. 
> 
> Como exemplos en inglés poñen asociar «221» con «elementary» (os fans de 
> Sherlock Holmes o entenderán). Tamén poñen outro exemplo en inglés que, aínda 
> que non vale porque debe ser unha palabra do idioma e non un nome propio e 
> menos con dúas palabras, dá unha idea de por onde van os tiros: «42» con 
> «Douglas Adams». 
> 
> Escribindo esta mensaxe ocórreseme que poderíamos propoñer asociar «44» con 
> «nós», por ser Nós a editorial que publicou «De catro a catro», pero igual é 
> un pouco rebuscado.
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=1716&h=8e3e7e372007b8cbf97a879e745cfb69ae847e70&sa=764107285

Responderlle a