Ola,
non vexo problema en cambiar o acordo que temos en Trasno sempre e
cando a RAG propoña claramente unha única forma preferida. Se non é
así (tal como parece o caso de acordo con Méixome) entón estaríamos no
mesmo caso que con «window» e polo tanto Trasno decide escoller unha
forma como preferida para facilitar a reutilización das traducións.
Isto é algo que xa se fixo de acordo con http://termos.trasno.gal/
onde aparece como única forma recomendada «computador» polo que para
min a discusión está pechada, e seguirá pechada ata que a RAG indique
que prefire unha opción (diferente da que Trasno escolleu) por riba
das outras.


Deica

O ven., 22/03/2019 ás 10:58, pd (<eukel...@gmail.com>) escribiu:
>
> A min paréceme preferible o termo computadora, en femenino, por duas razóns 
> fundamentalmente:
>
> - entroncarse na tradición das línguas galegas e achegarse ao uso na lusofonía
> - recoller mellor o senso adxetival ou calificativo do termo que se 
> sustantiva:  unha máquina que computa é unha computadora
>
> Ademais ao dispor doutro termo sinónimo en masculino, ordenador, pódese usar 
> indistintamente para calificar nomes dun ou outro xénero e tamén recoller o 
> uso que se desexe do termo (másculino, ordenador; femenino, computadora)

> On Thu, Mar 21, 2019 at 3:45 PM Dani <d...@damufo.com> wrote:
>>
>> Boas:
>>
>> Xusto, eu entendo o mesmo.
>>
>> Na miña opinión a RAG deixa aberto o uso das 3 formas.
>>
>> Mirando os dicionarios da RAE e o Piberam vexo:
>> Para a RAE é claramente feminino
>> https://dle.rae.es/?id=A4hIGQC
>>
>> Para o Piberam é claramente masculino (aparello computador -> computador)
>> https://dicionario.priberam.org/computador
>>
>> Penso que a RAG debeu «mollarse» algo máis na definición.
>>
>> Algunha opinión máis?
>>
>> Dani
>>
>> O 21/03/19 ás 10:59, RODRIGUEZ RIO XUSTO ALEXANDRE escribiu:
>> >
>> > Se non entendo mal o Dicionario da RAG, trata como sinónimos perfectos:
>> >
>> > ·o ordenador (https://academia.gal/dicionario/-/termo/ordenador)
>> >
>> > ·o computador (https://academia.gal/dicionario/-/termo/computador)
>> >
>> > ·a computadora (https://academia.gal/dicionario/-/termo/computadora)
>> >
>> > Recolle definición para as tres denominacións, e en ningunha delas se
>> > limita a remitir cara ás outras.
>> >
>> > Xusto
>> >
>> > *De:*proxecto@trasno.gal [mailto:proxecto@trasno.gal] *En nome de
>> > *Anto´n Me´ixome
>> > *Enviado:* xoves, 21 de marzo de 2019 10:45
>> > *Para:* Lista de correo de Proxecto Trasno
>> > *Asunto:* Re: [Terminoloxía] computer
>> >
>> > Penso que o dicionario da RAG aínda non ten unha decisión asentada e
>> > definitiva aínda que pareza apoiar esa idea para os substantivos
>> >
>> > (o) ordenador / (a) computadora
>> >
>> > Francamente, non sei en que se basea esa clasificación
>> >
>> > No entanto, temos moi asentado o uso do masculino (o) computador
>> > porque xa o discutiramos moito no seu día.
>> >
>> > Pero non soamente nós:
>> >
>> >
>> >     Corpus CTG - Corpus Técnico do Galego
>> >
>> > A busca con ·palabra: computadora ·tipo: exacta documéntase en 56
>> > ocasións no corpus de informática Xiga de 2.865.835 palabras
>> >
>> > A busca con ·lema: computador ·categoría: N ·tipo: exacta documéntase
>> > en 2.020 ocasións no corpus de informática Xiga de 2.865.835 palabras.
>> >
>> > O mar., 19/03/2019 ás 13:17, pd (<eukel...@gmail.com
>> > <mailto:eukel...@gmail.com>>) escribiu:
>> >
>> >     O meu voto por computadora
>> >
>> >     El 19/03/2019 12:03, "Dani" <d...@damufo.com
>> >     <mailto:d...@damufo.com>> escribió:
>> >
>> >     Boas:
>> >
>> >     Vendo o glosario trasno vexo fixado computador (en masculino).
>> >     Ten do en conta isto:
>> >     https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/computador
>> >
>> >     Non lembro porque se desbotou computadora.
>> >     Postos a desbotar ordenador, e tendo que elixir entre computador e
>> >     computadora, persoalmente vexo máis lóxico computadora (máquina
>> >     computadora).
>> >     Opinións?
>> >
>> >
>> >
>> >
>> >     --
>> >     Dani
>> >
>> >
>> >
>> >
>> >     - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
>> >     proxecto@trasno.gal
>> >     - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
>> >     - Cancelar a subscrición no URL :
>> >     
>> > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=5016&h=3e9363746c11e670719ab61a84a5041ece4613c5&sa=775889142
>> >
>> >     - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
>> >     proxecto@trasno.gal
>> >     - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de -
>> >     Proxecto Trasno
>> >     - Cancelar a subscrición  no URL:
>> >     
>> > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=5031&h=acccd713740c3505113967601962fde71eceeb17&sa=1427611501
>> >
>> > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
>> > proxecto@trasno.gal
>> > - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
>> > Trasno
>> > - Cancelar a subscrición  no URL:
>> > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=5041&h=3f7b31e9bb68dc803f3ec7f35099aa95a2a30a16&sa=423269479
>> >
>> >
>> > - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a -
>> > proxecto@trasno.gal
>> > - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto
>> > Trasno
>> > - Cancelar a subscrición  no URL:
>> > http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=5044&h=7a1596bb3f3ecd0a3a31b4e8c81002e12a007266&sa=416572211
>> >
>>
>>
>>
>>
>> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
>> - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
>> - Cancelar a subscrición no URL : 
>> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=5048&h=8e02050cbc5146760cf85d545995971886dc20b2&sa=204253795
>>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL: 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=5051&h=021d63cf6f4d8ec65ad8bfa8c8d8b0fa9d8857c7&sa=30751336

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=5058&h=4507d290b5a7dfe2c1aaafe003431fb2d9bc94b5&sa=1169565999

Responderlle a