A raíz de https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/aplicación entendo que 
deberíamos pasar a traducir:
application → aplicación (non aplicativo)
applet → miniaplicación (non miniaplicativo)

Alguén se opón? En caso contrario, poderíamos actualizarmos a entrada 
correspondente de http://termos.trasno.gal/ usando esta mensaxe como referencia 
(a falta dos resultados dunha Trasnada)?

O luns, 26 de agosto de 2019 01:25:18 CEST Fran Dieguez escribiu:
> Hola Adrián,
> 
> non teño problema por cambiar de novo a "aplicación" de feito o cambio
> sería benvido polos usuarios, xa que houbo certos reportes de usuarios
> protestando por aplicativo.
> Agora sí, teriamos que comunicalo en Trasno para que non quede ningún lugar
> onde se continúe usando aplicativo, o que non quero e que GNOME cambie e
> logo haxa aplicacións que manteñan o anterior consenso e a UI non quede
> consistente.
> 
> Coido que o mellor e que Trasno nos comunique aos proxectos o consenso
> final, e nese caso facer o cambio á vez.
> 
> Saúdos
> 
> On Sun, 25 Aug 2019 at 10:05, Adrián Chaves <adr...@chaves.io> wrote:
> 
> > Ola, Fran:
> >
> > Dani e eu estamos a traballar nas regras do Pology.
> >
> > Un dos cambios que fixemos recentemente foi crear unha regra «application
> > → aplicación» a raíz do DRAG (
> > https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/aplicaci%C3%B3n). Ao
> > engadir a regra, desactivamos a de Trasno («application → aplicativo») por
> > contradir o DRAG, entendendo que Trasno antepón sempre o criterio da RAG.
> >
> > Pero hai ademais unha regra que se creara especificamente para GNOME:
> > https://cgit.kde.org/pology.git/tree/lang/gl/rules/outras.rules#n277
> >
> > Podo eliminar a regra, ou tes pensado manter «application → aplicativo»
> > nas traducións de GNOME?
> >
> > Un saúdo,
> > Adrián
> >
> > O luns, 19 de agosto de 2019 11:49:34 CEST Dani escribiu:
> > > Boas Adrián:
> > >
> > >
> > > Igual habería que avisar a Fran disto
> > > (está en outras.rules)
> > >
> > > application en GNOME
> > >
> > > #descarta o uso de «aplicación» en favor de «aplicativo»
> > > [\baplicación]i
> > > id="gnome-gl_aplicación"
> > > hint="aplicación -> aplicativo"
> > >
> > > ----------------------------
> > >
> > > Se fail se traduce como fallo (verhttp://termos.trasno.gal/), isto
> > >     non debería ser «produciuse un fallo ao...»?
> > >
> > > get_xfce_translations/xfce_po_files_20190819_1025.po:45715(#8125)
> > > #: ../src/menu.c:535
> > > #, c-format
> > > msgid "%s: GtkMenu failed to grab the pointer\n"
> > > msgstr "%s: GtkMenu produciu un fallo ao obter o punteiro\n"
> > > [note]
> > > rule [id=noPT-2012-expression_failed to] ==> «failed to» ->
> > >     «produciuse un erro ao + infinitivo»
> > > rule [id=PT-2012-expression-gl_fallo ao] ==> fallo ao ->
> > >     produciuse un erro ao
> > >
> > > E sobre isto, tendo en conta que fallo segundo o DRAG é sinónimo de
> > >     erro, e tendo en conta que a definición máis completa está en fallo,
> > >     igual sería máis acertado traducir «error» (inglés) tamén como
> > >     «fallo».
> > >
> > > Como curiosidade, o digalego non opina que sexan sinónimos...
> > > https://digalego.xunta.gal/gl/termo/29357/fallo-lla
> > > https://digalego.xunta.gal/gl/termo/26390/erro
> > > Diría que neste caso deixa máis claro o uso de fallo como tradución
> > >     de «error» (inglés).
> > > Curioso...
> > >
> > > Entre outras, estas regras tamén estas regras tamén estarían
> > >     afectadas
> > >
> > > # «fallo ao» -> «produciuse un erro ao»
> > > [\bfallou?\sao\b]i
> > > id="PT-2012-expression-gl_fallo ao"
> > > # valid after="\bproduciuse\sun\s"
> > > hint="fallo ao -> produciuse un erro ao"
> > >
> > > # «Houbo un erro ao» -> «Produciuse un erro ao»
> > > [\bhoubo\sun\serro\sao\b]i
> > > id="PT-2012-expression-gl_houbo un erro ao"
> > > hint="houbo un erro ao -> Produciuse un erro ao"
> > >
> > >
> > > ------------------------
> > > Tendo en conta esta resposta túa na lista 17:22, 01/05/19
> > >
> > > Sería posible engadir activar  como posible tradución de trigger?
> > > Como o ves?
> > >
> > > get_xfce_translations/xfce_po_files_20190819_1025.po:45524(#8080)
> > > #: ../settings-dialogs/xfwm4-tweaks-dialog.glade.h:36
> > > msgid "_Minimum size of windows to trigger smart placement:"
> > > msgstr "Tamaño _mínimo das xanelas para activar a colocación
> > >     intelixente:"
> > > [note] rule [id=noPT-2011-dual_enable] ==> «activar» traduce a
> > >     «enable» (e a activate)
> > >
> > > ----------------------------------------
> > >
> > >
> > >
> > > Dani
> > > O 18/08/19 ás 13:14, Adrián Chaves
> > >       escribiu:
> > >
> > > Por certo, pois podes ir metendo en RAG rules a papeleira como
> > >     tradución de trash.
> > >
> > > https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/papeleira
> > >
> > > Desde logo o que se está usando tanto en Gnome como kde (lixo) e que
> > >     aparece como fixado no glosario de Trasno, non ten sentido ningún (o
> > >     mellor é ver o DRAG) lixo non é o mesmo que papeleira nin colector
> > >     (do lixo) nin contedor.
> > >
> > > Lixo é o que se bota na papeleira, pero dicir «mover ó lixo» é como
> > >     dicir «botar á auga» cando o que queremos dicir é «botar a auga no
> > >     vaso». Igual o exemplo non é o axeitado, non se me da ben poñer
> > >     exemplos.
> > > En todo penso que o DRAG déixao claro.
> > >
> > > Entendo que «trash» é «lixo», e que «trash bin» pode ser «papeleira»,
> > «colector do lixo» (
> > https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/colector%20do%20lixo) ou
> > «contedor» (https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/contedor), e
> > que Trasno optou pola segunda opción.
> > >
> > > «Botar ao lixo» non me parece distinto a «move to trash» ou «tirar a la
> > basura», ambas expresións correctas en inglés e castelán.
> > >
> > > Vamos, que eu non creo que o acordo vaia en contra da RAG, e entendo que
> > antes de cambiar o acordo habería que discutilo.
> > >
> > >
> > > Tamén temos a contorno
> > >
> > > Certo, pero aquí a regra é algo complexo, porque a palabra «environment»
> > do inglés segue a poder traducirse como «ambiente» en certos contextos.
> > Haberá cousas que se poidan comprobar cunha regra (p. ex. «environment
> > variable» → «variable de contorno»), pero moitas que non.
> > >
> > > De momento quitarei as regras de «ambiente», e engadirei regras para
> > «environment variable» e «desktop environment»; se atopas máis casos claros
> > mándamos.
> > >
> > >
> > > separador (para esta igual habería que
> > >     contactar coa rag xa que hai un conflito con outros elementos que
> > >     tamén se chaman separador).
> > >
> > > Posposto entón.
> > >
> > >
> > > Outra que tamén fixou a RAG é aplicación e non aplicativo como
> > >     indica o glosario de Trasno, se realmente aplicativo é máis correcto
> > >     habería que contactar coa RAG para que se engadise dita opción (e
> > >     dar un prazo, pero se non o admite habería que mudar iso).
> > > https://academia.gal/dicionario/-/termo/aplicaci%C3%B3n
> > >
> > > As regras de «app» e «application» quedan movidas a «rag.rules» con
> > identificadores novos e actualizadas. Outras regras de Trasno relacionadas
> > (e.g. applet → miniaplicativo, trebello) quedan actualizadas en
> > «trasno.rules».
> > >
> > >
> > > A verdade é que é unha putada, algunhas das escollas da RAG, parece
> > >     que se guía sobre todo polo que dita Microsoft, estou a pesar tanto
> > >     en separador como en aplicación.
> > >
> > > Non sei que opinas...
> > >
> > > É unha putada que fagan escollas que non coincidan coas nosas, pero creo
> > que o camiño de non acatar o criterio da RAG é perigoso. Prefiro acatalo
> > aínda que non me guste. Se realmente creo a RAG está cometendo un erro
> > haberá que contactar con eles.
> > >
> > > Por exemplo, se mañá decidisen que «firewall» é «cortalumes» ou mesmo
> > «firewall», actualizaría as traducións de maneira acorde, pero contactaría
> > coa RAG ao respecto, porque realmente creo que «devasa» é a mellor opción.
> > Menos mal que con «devasa» tivemos sorte.
> > >
> > >
> > > O 16/08/19 ás 20:55, Adrián Chaves
> > >       escribiu:
> > >
> > > Antes unha cuestión, sería posible reorganizar as regras do pology
> > >     para pór en ficheiros separados as regras específicas dos distintos
> > >     proxectos? por exemplo, crear unha regra chamada kde.rules, outra
> > >     gnome.rules e se me poño outra xfce.rules? desde xeito é moi doado
> > >     pasar todas agás as específicas doutros proxectos.
> > >
> > > É perfectamente posible. De feito era o caso cando me metín a traballar
> > nas regras, había un ficheiro de Gnome e outro de KDE, pero de momento
> > metinas en outras.rules.
> > >
> > > A miña idea de momento é acabar con:
> > > - rag.rules: para cando a RAG dicte claramente unha escolla
> > > - trasno.rules: para acordos de Trasno, xa sexa de Trasnadas ou na lista
> > de correo, sempre que non entren en conflito con rag.rules
> > > - outras.rules (acéptanse ideas para un nome mellor): para propostas
> > adicionais de calquera persoa ou proxecto que non entren en conflito coas
> > outras dúas
> > >
> > > Pero se un proxecto quere regras que vaian contradicir algunha regra
> > deses ficheiros, non vexo problema en que cada equipo ou mesmo cada
> > tradutor manteña un ficheiro con regras de seu. Telo no repositorio servirá
> > para que calquera poda adoptar esas regras, ben directamente ou copiando e
> > pegando nun ficheiro de seu, e tamén servirá para ter como referencia de
> > distintas escollas durante discusións terminolóxicas.
> > >
> > >
> > > O sábado, 17 de agosto de 2019 00:31:15 CEST Dani escribiu:
> > >
> > > Boas Adrián:
> > >
> > > Estupendo.
> > >
> > > Por certo, pois podes ir metendo en RAG rules a papeleira como
> > >     tradución de trash.
> > >
> > > https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/papeleira
> > >
> > > Desde logo o que se está usando tanto en Gnome como kde (lixo) e que
> > >     aparece como fixado no glosario de Trasno, non ten sentido ningún (o
> > >     mellor é ver o DRAG) lixo non é o mesmo que papeleira nin colector
> > >     (do lixo) nin contedor.
> > >
> > > Lixo é o que se bota na papeleira, pero dicir «mover ó lixo» é como
> > >     dicir «botar á auga» cando o que queremos dicir é «botar a auga no
> > >     vaso». Igual o exemplo non é o axeitado, non se me da ben poñer
> > >     exemplos.
> > > En todo penso que o DRAG déixao claro.
> > >
> > > Tamén temos a contorno, separador (para esta igual habería que
> > >     contactar coa rag xa que hai un conflito con outros elementos que
> > >     tamén se chaman separador).
> > >
> > > Outra que tamén fixou a RAG é aplicación e non aplicativo como
> > >     indica o glosario de Trasno, se realmente aplicativo é máis correcto
> > >     habería que contactar coa RAG para que se engadise dita opción (e
> > >     dar un prazo, pero se non o admite habería que mudar iso).
> > > https://academia.gal/dicionario/-/termo/aplicaci%C3%B3n
> > >
> > > A verdade é que é unha putada, algunhas das escollas da RAG, parece
> > >     que se guía sobre todo polo que dita Microsoft, estou a pesar tanto
> > >     en separador como en aplicación.
> > >
> > > Non sei que opinas...
> > >
> > > Grazas novamente polo teu traballo.:-)
> > >
> > >
> > >
> > > Dani
> > > O 16/08/19 ás 20:55, Adrián Chaves
> > >       escribiu:
> > >
> > > Antes unha cuestión, sería posible reorganizar as regras do pology
> > >     para pór en ficheiros separados as regras específicas dos distintos
> > >     proxectos? por exemplo, crear unha regra chamada kde.rules, outra
> > >     gnome.rules e se me poño outra xfce.rules? desde xeito é moi doado
> > >     pasar todas agás as específicas doutros proxectos.
> > >
> > > É perfectamente posible. De feito era o caso cando me metín a traballar
> > nas regras, había un ficheiro de Gnome e outro de KDE, pero de momento
> > metinas en outras.rules.
> > >
> > > A miña idea de momento é acabar con:
> > > - rag.rules: para cando a RAG dicte claramente unha escolla
> > > - trasno.rules: para acordos de Trasno, xa sexa de Trasnadas ou na lista
> > de correo, sempre que non entren en conflito con rag.rules
> > > - outras.rules (acéptanse ideas para un nome mellor): para propostas
> > adicionais de calquera persoa ou proxecto que non entren en conflito coas
> > outras dúas
> > >
> > > Pero se un proxecto quere regras que vaian contradicir algunha regra
> > deses ficheiros, non vexo problema en que cada equipo ou mesmo cada
> > tradutor manteña un ficheiro con regras de seu. Telo no repositorio servirá
> > para que calquera poda adoptar esas regras, ben directamente ou copiando e
> > pegando nun ficheiro de seu, e tamén servirá para ter como referencia de
> > distintas escollas durante discusións terminolóxicas.
> > >
> > > O venres, 16 de agosto de 2019 18:02:58 CEST Dani escribiu:
> > >
> > > Boas Adrián:
> > >
> > > Antes unha cuestión, sería posible reorganizar as regras do pology
> > >     para pór en ficheiros separados as regras específicas dos distintos
> > >     proxectos? por exemplo, crear unha regra chamada kde.rules, outra
> > >     gnome.rules e se me poño outra xfce.rules? desde xeito é moi doado
> > >     pasar todas agás as específicas doutros proxectos.
> > >
> > >
> > > Coméntoche máis cousas das regras por se as consideras.
> > >
> > >
> > > Se fora posible, a regra drop tería que ter en conta esta excepción
> > >     «drop-down»
> > >
> > >
> > > xfce_po_files_20190805_1639.po:17330(#2949)
> > > #: ../terminal/terminal-window-dropdown.c:409
> > > msgid "Drop-down Terminal"
> > > msgstr "Terminal despregábel"
> > > [note] rule [id=PT-2013_drop] ==> «drop» tradúcese como «soltar»
> > > ----------------------------------------
> > > xfce_po_files_20190805_1639.po:17334(#2950)
> > > #: ../terminal/terminal-window-dropdown.c:410
> > > msgid "Toggle Drop-down Terminal"
> > > msgstr "Alternar Terminal despregábel"
> > > [note] rule [id=PT-2013_drop] ==> «drop» tradúcese como «soltar»
> > > ----------------------------------------
> > >
> > > Esta regra tería que ter en conta tamén a file (está nos acordos de
> > >     trasno)
> > >
> > > xfce_po_files_20190805_1639.po:24638(#4295)
> > > #: ../panel-plugin/weather-summary.c:358
> > > msgid ""
> > > "\tMet.no LocationforecastLTS API states that this version\n"
> > > "\tof the webservice is deprecated, and the plugin needs to be\n"
> > > "\tadapted to use a newer version, or it will stop working within\n"
> > https://cgit.kde.org/pology.git/tree/lang/gl/rules/outras.rules#n277
> > > "\ta few months.\n"
> > > "\tPlease file a bug on https://bugzilla.xfce.org if no one\n"
> > > "\telse has done so yet.\n"
> > > "\n"
> > > msgstr ""
> > > "\tA API do «LocationforecastLTS» do Met.no informa que esta\n"
> > > "\tversión do servizo web está obsoleta, e o engadido precisa ser\n"
> > > "\tadaptado para usar unha versión máis nova, ou deixará de\n"
> > > "\ttraballar nuns poucos meses.\n"
> > > "\tEnvíe un informe de fallo en https://bugzilla.xfce.org se
> > >     aínda\n"
> > > "\tninguén o fixo.\n"
> > > "\n"
> > > [note]
> > > rule [id=PT-2011-dual_bug-report] ==> «informe de fallos» traduce
> > >     a «bug report»
> > > rule [id=noPT-2011-dual_upload] ==> «enviar» traduce a «upload»
> > >     (e a «send» e «submit»)
> > > ----------------------------------------
> > >
> > >
> > >
> > >
> > >
> > >
> > >
> > >
> > >
> > >
> > >
> > >
> > >
> > >
> > >
> > >
> > >
> > >
> > >
> >
> >
> >
> >





- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6855&h=6ab9f311f7b85c8edae5fa725a18de345f1eec91&sa=798053908

Responderlle a